medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Julia Navarro: “Non se pode formar unha xeración culta sen literatura”

A escritora e xornalista Julia Navarro (Madrid,1953) estivo esta semana por Galicia para presentar a súa última novela: Dispara, yo ya estoy muerto. A autora vendeu máis dun millón de exemplares da súa anterior novela: Dime quién soy. Aproveitando a súa estancia en Pontevedra falamos brevemente con ela para saber algo máis desta escritora e tamén para ver como se ve dende literaturas como a castelá o mundo das letras galego.

-Vostede non comeza a publicar ficción ata acadar a madurez. O éxito das súas novelas fai que sexa unha das autoras que máis vende en lingua castelá. Isto condiciona o feito de se enfrontar á páxina en branco?

Cada novela teño a impresión de que é a primeira. O lector xúlgate polo que ten na man, non polo que fixeches no pasado. Por iso, con cada novela non podes evitar ter unha sensación de vertixe.

Julia Navarro

Julia Navarro

-Na novela que esta semana presenta en Galicia narra o periplo de dúas grandes sagas familiares. Vostede define Dispara, yo ya estoy muerto como unha novela de personaxes…

É unha novela orteguiana no sentido de que os personaxes loitan contra as circunstancias. O importante é a loita, o conflito dos personaxes que están no seu propio labirinto. É a necesidade de coller as rendas da nosa vida e organizala á nosa maneira.

Vostede, que ademais de escritora ten unha longa traxectoria como xornalista, non cre que hai unha evidente invisibilidade nos medios, tamén nas escolas, das restantes literaturas que existen no Estado Español?

-Non o creo. Opino que o problema son os plans de estudio que están mal pensados. Hai que estudar a literatura española no seu conxunto. A min non me importa que un autor sexa francés, palestino ou o que sexa o que me importa é que me guste.

-As novas tecnoloxías abriron un debate sobre o futuro do mundo da literatura e da edición, como se imaxina o futuro do sector dentro de dez anos?

Eu creo que o libro en papel non vai morrer. Teño un fillo de 20 anos que le en formato dixital e para min non é o mesmo. Aínda así, é cuestión de gustos, de formato. O que me preocupa é que se roube. Entendo que o 21% de IVE é un auténtico disparate pero iso non xustifica o roubo. É un atentado contra a cultura. Fan falla campañas de educación para que se entenda que está en xogo o traballo do autor. Fíxate que non emprego piratería, que é un termo amable, isto é un roubo.

-Nas últimas tres décadas houbo un acceso masivo a todos os niveis do sistema educativo. A pesar de que hai máis formación, ás novas xeración séguelles custando afeccionarse á literatura. Que se precisa para crear máis lectores?

O acceso ese masivo ao ensino xa se está coutando coa Lei Wert,que é un auténtico ataque contra a igualdade de oportunidades á hora de acceder a uns estudos. Pero máis aló disto, fan falta plans de estudio dedicados a formar á xente. Todas as leis educativas que se aprobaron foron bastante desastrosas. Hai que achegarlle a literatura aos nenos e nenas con pracer e non se están facendo as cousas ben. Temos casos de xente que chega á universidade con dificultade na comprensión de textos. Non se pode formar unha xeración culta sen lles ensinar literatura, filosofía ou arte e agora son materias case proscritas. Os ministros de educación das últimas décadas foron un auténtico desastre e este, por riba, aposta por unha educación excluínte.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + 8 =