medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Caneiro aposta polo castelán con ‘Las arañas de Berlín’

Xosé Carlos Caneiro

Xosé Carlos Caneiro

Durante a década dos 90 o escritor Xosé Carlos Caneiro (Verín, 1963) era aplaudido de xeito case unánime dentro da literatura galega. Títulos como O infortunio da soidade (1992), Un xogo de apócrifos (1997), Tal vez melancolía (1999) ou Ébora (2000) son exemplos de obras narrativas que conseguiron o favor maioritario da crítica e que tiveron unha presenza moi importante nos escaparates das librarías do país. Paralelamente, a súa obra era recoñecida cos principais premios literarios en lingua galega: Xerais (1992), Torrente Ballester (1996), García Barros (1999), Blanco Amor (2000), entre outros.

Agora, Caneiro vén de oficializar a súa aposta pola literatura en lingua castelá coa novela Las arañas de Berlín, que publica editorial Guiverny. Este luns presentou o seu traballo no Liceo de Ourense onde explicou que nun primeiro momento a novela estaba pensada para o premio por entregas de La Voz de Galicia, aínda que finalmente decidiu reescribila en castelán e optar pola súa publicación coa editorial de Brión. A novela distribúese en castelán nas librarías de toda Galicia a través do Consorcio Editorial Galego. Lonxe de ser un feito puntual, Caneiro xa adiantou que en 2014 vai ter nas librarías outra nova novela escrita en castelán.

Aínda que Xosé Carlos Caneiro xa publicara en castelán unha biografía de Jorge Luís Borges (2003) e máis recentemente (2011) El libro de los besos y los sueños, un libro a medio camiño entre a literatura e os artigos xornalísticos, Las arañas de Berlín é a primeira incursión cunha novela na literatura española. Aínda así, Caneiro xa deixaba claro en 2011, nunha entrevista en La Voz de Galicia, a súa aposta por romper amarras e converterse nun escritor bilingüe: “Para escribir tanto o castelán como o galego sóanme igual de ben. O galego é máis melódico, e o castelán, máis sonoro. Eu creo que me manexo ben nas dúas linguas”.

Para moitos a elección de Caneiro non é ningunha sorpresa. Moi crítico co goberno bipartito (falou de “clima intelectual intolerante”) e cada vez máis próximo ao goberno conservador actual, a quen defendeu en cuestións como o decreto lingüístico, tivo os seus máis e os seus menos con outros autores como Manuel Rivas, Suso de Toro, Jaureguizar ou Antón Reixa.

Comentario a Caneiro aposta polo castelán con ‘Las arañas de Berlín’

  1. Sobre o de publicar en castelán, máis ben será que cada un ten que buscarlle saída ó que escribe onde poida.
    Sobre eses desencontros con outros colegas, en xustiza habería que dicir que con Jaureguizar non tivo tantos coma o propio Jaureguizar con el.

    __
    apequenanovelagalega.blogspot.com.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 6 =