medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Yolanda Castaño gaña o Novacaixagalicia de Poesía con ‘A segunda lingua’

Yolanda Castaño

Yolanda Castaño

Un xurado composto por Luís González Tosar, Fina Casalderrey, Armando Requeixo, Luís Pousa e Xabier Castro Martínez decidiu este martes en Compostela, entre máis de medio cento das presentadas, a obra gañadora do XI Premio Novacaixagalicia de Poesía. Unha vez aberta a plica comprobouse que a premiada era Yolanda Castaño, que presentou un conxunto de poemas baixo o título de A segunda lingua. Yolanda Castaño, que volve así á primeira liña da poesía galega, verá publicado o libro nos vindeiros meses e ademais recibirá un premio en metálico de 6.000 euros.

Na nómina de gañadores deste certame creado en 2002 están: Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López-Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penela, Luís Valle Regueiro, Xavier R. Baixeras, Emma Pedreira e X. Daniel Costas Currás.

Podes ampliar aquí a información:

Yolanda Castaño gaña o Premio Novacaixagalicia. Blog Criticalia. 13/11/2013.

“A poesía fornece un discurso alternativo”. Pequena entrevista a Yolanda Castaño en La Voz de Galicia con motivo do galardón. 13/11/2013.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + 1 =