medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Xela Arias, os versos eran cabalos ceibos da cor das laranxas

A escritora Marga Romero, co seu psedónimo Marga do Val, foi a primeira en lembrar o pasado sábado en  Sermos Galiza que este mes se cumpren dez anos do pasamento de Xela Arias. A súa morte repentina, cando contaba con só 41 anos, privou á literatura galega dunha das súa máis destacadas voces poéticas

Xela Arias

Xela Arias

Xela Arias Castaño naceu en Lugo en 1962. A moi curta idade mudouse para Vigo coa familia xa que seu pai, Valentín Arias, acababa de ser nomeado alí xerente da Editorial Galaxia. Chegou a principios dos 80 a Compostela para estudar Filoloxía Hispánica e con apenas 18 anos comeza a publicar poemas soltos en medios de comunicación como A Nosa Terra ou Diario 16 de Galicia. Tamén en 1980 forma parte do primeiro equipo de Edicións Xerais onde traballará como tradutora e correctora ata 1990. Logo de licenciarse tamén en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, Xela Arias entraría no mundo do ensino secundario, traballo que sempre compatibilizou coa súa vocación literaria.

En 1986 publicou Denuncia do equilibrio e en 1990 Tigres como cabalos, que para moitos significa unha brillante ruptura coa chamada poesía dos 80. En 1996 publica Dario a diario un conmovedor poemario que vira arredor da experiencia da maternidade. A última obra publícalla Espiral Maior poucos meses antes da súa morte: Intempériome. En 1986 unha súa obra que permanece inédita (Lili sen pistolas) foi finalista do Premio Esquío.

No seu artigo en Sermos, Marga Romero lembra o difícil que é facerse coa obra dunha poeta (esgotada dende hai anos) que precisa de reedicións para chegar aos novos públicos.

Máis sobre Xela Arias na rede:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + = 10