medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O día que Marcel Proust puxo nove mil euros para que lle publicasen unha das mellores obras literarias da historia

Marcel Proust

Marcel Proust

Para a maioría dos escritores, incluso para os mellores, a literatura é case sempre máis un camiño de espiñas ca de rosas. Un bo exemplo podémolo atopar en Marcel Proust. Hai agora cen anos o xenial escritor francés, fillo dunha acomodada familia parisiense, pagaba o equivalente a nove mil euros de hoxe en día para que a editorial Bernard Grasset se arriscase a publicar unha súanovela. O 14 de novembro de 1913 saía á venda Polo camiño de Swan, o primeiro tomo da monumental obra Na busca do tempo perdido.

Antes diso, Proust viu como outros editores despachaban a que agora é considerada un dos cumios da literatura universal: “Quizais son curto de miras, mais non concibo que un señor empregue trinta páxinas en describir as voltas que dá dun lado para o outro antes de adormecer”, chegou a responderlle unha dos editores aos que lle ofreceu a novela.

Na mesma semana que se celebra o centenario da publicación de Polos camiños de Swan deixámosvos deixámosvos dúas ligazóns que consideramos de interese:

Historia de una novela esencial. Valentín Díaz. Revista Ñ do diario Clarín. 12/11/2013.

Una prodigiosa renovación literaria: 1913. Martín Schifino. Revista de Libros

-Marcel Proust, une vie d’écrivain. Documental sobre a vida e obra do autor. 1992. En francés con subtítulos en castelán:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + 2 =