medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Mea culpa

Un texto de Antonio Mira

–  Boas. Desculpa que apareza sen avisar, pero como tampouco me coñeces non sei se me terías recibido.

–  (…)

Antonio Mira

Antonio Mira

– Case me dan ganas de responder “Eu son o coro” pero non, a verdade é que non son ninguén… un admirador, poderiamos dicir. Mais se molesto marcho, eh? Seguro que este ano tiveches moitos pasmóns que apareceron pra che dar tabarra, tamén un monte de pedantes… Que conste que eu tento ser máis o primeiro que o segundo, eh? O que pasa é que o cheiro da puta universidade non se saca nin a tiros.

– (…)

– Si ho, podería poñerme a sachar, ben sei. O que pasa é que estou delicado do lombo, xa me entendes. Boeno, ao tema: Menuda che fixeron aló arriba! Digo arriba porque estou seguro que ti no ceo cos anxeliños non estás, non. A ti San Pedro, por moito que lle sexas do bairro, non che abre as portas. E coidado non solte os cans! Non, ti andarás cos teus, no quente, que é onde mellor se está. Por certo, desculpa a falta de protocolo e que non use o “vostede”. Tampouco vou preguntar se podo ou non, que unha vez preguntei ao actual presidente da academia, despois de dúas horas de entrevista, se o podía tratar de ti “para alixeirar o discurso”, e aínda me poño colorado cando penso na resposta!

– (…)

– Xa sei, culpa miña por preguntar… que che estaba contando? Iso! Agora que falo do actual presidente (que menuda se montou este ano. Até parece que foches ti o que escribiu o guión… e non serías ti?), xa están pensando no seguinte premiado… Así que supoño que toca facer balanzo. Ti como o viches?

– (…)

– Xa, que ti non andas perdendo o tempo con andrómenas. E non, non, non fai falta que me contes que pensas do asunto. Eu só viña aquí por aquel de saudar e desabafar un pouco porque… non sei, ando amoado e teño a sensación que é todo culpa miña. Que eu ghodín o tema das letras galegas que che adicaron. O ano todo, si. Eu só.

– (…)

– Cóntoche, así a xeito de resumo, como foi a feira: Vanche sacando as obras completas, que xa ían sendo horas. Está cuquiña, vai lenta e ao mellor a letra é un pouco pequena pero iso vai cos gustos de cadaquén… iso si, a puta portadilla non hai dios que a soporte, máis incómoda ca pouco! E ten un anexo onde explican aos alunos da ESO o que quere dicir  “acojonar” ou “tontear”… o que non me parece tan mal se temos en conta que poderían ter optado por editar “acolloar”, así, de puta nai. Pero boeno, tampouco hai que ser mirados. O importante é que puiden reler “A burla do galo” e máis “Doentes”  (por certo manda unha aperta da Ramón María que supoño que andas con el) e descubrir “Agasallo de sombras”… Menudo cabrón estás feito, eh?, facerlle unha declaración de amor así á noiva oficial da patria. Non me estraña que se puxeran ciumentos os gardas…

– (…)

– Aínda faltan por saír o resto dos volumes, xa lle teño ganas de ver como editan o galego do Laudamuco… mira que eras retorcido, eh? Por certo, é verdade que o escribiches enriba do trono? Non, non… mellor non respondas non vaia ser que me amoles a lenda… O que che dicía, que o de sacar toda a túa obra moi ben, claro. Coido que é o mellor que nos deixa o ano. Tamén fan visionados de pezas túas, grabacións recuperadas, o que pasa é que só o poñen en Compostela e nun horarios complicados e hainos que, mal que pouco, imos traballando.

– (…)

– Xa sei que a gravación dunha obra non é o mesmo, que me vas contar. Ten cheiro como a plástico do barato, pero aos que non che vimos o traballo ainda nos pode prestar algo… Boeno, a verdade é que eu algo che vin. Sendo máis ou menos parrulo (que no meu caso é un estado que aínda perdura) fun ver “Sen ir máis lonxe”… Non pillei a metade das cousas, pero como de pequeno tivera que cantar o hino ao apóstolo, sentinme moi solidario co que contabas…  Desculpa, que me estou desviando e ti terás máis cousas que facer e eu aínda non expiei as miñas culpas.

– (…)

– Ah! E o “aparello crítico”, que medra vizoso no ano das letras, é de traca… Cada editorial o seu libro, coma sempre… Ghoder, pero é que este ano foi moi cutre do noso señor! Non as lin todas, mais algunha hai que apesta a “pinta y colorea” con pretensións de “texto especializado”… unha desgraza, que che vou contar…

– (…)

– Efectivamente, a que che sacara Fernandez Castro. Mais esa saíu hai tempo e é unha tese de doutoramento. Que digo eu que entre unha tese e o libriño onde non contamos todo aos nenos da secundaria haberá un ponto intermédio, non si?

– (…)

– Nadiña. De política neste país non se fala. Xa o sabes.

–  (…)

–  Xa… Sabes o que botei en falta? Algún libro da túa xente, dos que traballaron contigo e te tiveron que aturar no palco. Porque o que veña dicir a grea universitaria que só pisa os teatros no mitin cada catro anos pouco interesa, digo eu. Ver que tiñan que dicir Ruibal, Mejuto… ainda que eses falan no palco. Algo de Manuel Lourenzo tamén, que lle ten apego á máquina de escribir do que os outros, e tivo moitas loitas ao teu lado…

– (…)

– E de seguro que moitas leas contigo, que debías ser bravo! … Non sei, menos gabinete e máis táboas… Pero de novo é culpa miña, por ter agardado algo diferente. (la bar-ba-coa, la bar-ba-coa, co-mo me gus-ta la bar-bi-quiú) Desculpa, que me chaman ao móbil… quen ía pensar que acó habería rede? Perdoa que non o apagase… xa parezo un cargo oficial cando vai ao teatro…

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>