medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

María do Cebreiro: “Entendo a escritura como un proceso bastante impulsivo”

María do Cebreiro

María do Cebreiro

Os blogs dos críticos literarios son a miúdo unha excelente fiestra para coñecermos mellor as obras pero tamén aos seus autores. No noso país temos moitos exemplos deste activismo cibernético. Esta semana volvemos a reparar en Criticalia, a bitácora de Armando Requeixo, que entrevista á poeta María do Cebreiro. Na mesma, a autora confesa que entende a escrita como un proceso con moito de impulsivo e que ten tomado “apuntamentos nos soportes, circunstancias e momentos máis diversos”.

Cando Armando Requeixo lle pregunta polas súas predileccións literarias María do Cebreiro apunta autores como Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro, Samuel Beckett, J. M. Coetzee, Hölderlin, Sebald, John Keats, José Ángel Valente, Luis Cernuda, Wordsworth ou Coleridge , mais tamén outros coetáneos como pode ser o caso de Manuel Outeiriño, Chus Pato, Xabier Cordal, Daniel Salgado, Ismael Ramos, Gonzalo Hermo ou Samuel Solleiro.

Podes ler aquí a entrevista na súa totalidade

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 6 = 11