medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Mañá de domingo con tiros

Un texto de R.Vilar

O día xa abrira. Lois meteu o coche nunha corredoira cando xa estabamos chegando á aldea.

-Quedan un par de tiros.

R.Vilar

R.Vilar

Deixou o vehículo acendido en punto morto e baleirou a bolsiña de plástico enriba da carteira. Mentres machucaba os últimos grans de cocaína eu fixen un rolo cun billete de dez euros que atopei no peto.

–  Meus pais queren que quede coa explotación. Lévanme rompendo a cabeza con iso dende hai semanas. Eu non sei que facer tío, é moi escravo. Xa sabes, as vacas non entenden de horarios, hai que darlles de comer e muxilas todos os días, aí non hai domingos nin festivos que vallan…Comenteillo a Sonia e púxose de morros. Ela está coa teima de que busque un traballo e de marchar para Carballo. Conteiche que lle dan curre no Carrefour?

Lois aspirou a raia e pasoume o billete e maila carteira. Non souben que lle dicir. Quedei calado uns momentos e logo limiteime a lamber as migallas de farlopa.

–  Non sei, tío. O das vacas é moi escravo. A min gústame, pero é moi escravo. Meus pais nunca souberon o que eran unhas vacacións. Nunca. Non lembro que durmisen fóra da casa.

Notei o gusto amargo da droga baixando pola gorxa. Lois quitou o freo de man e meteu marcha atrás. Ao lonxe escoitouse balbordo de cans e dous disparos de escopeta. Algunha perdiz fuxindo dun domingo de caza.

Deixoume na eira. O “mosqui” veume saudar á porta do coche co rabo ergueito e con ganas de xogar. Os da casa estaban e pé, na corte escoitábase o zoar xordo das muxidoras. Antes de subir para o meu cuarto, pousei as chaves enriba da mesa da cociña. Abrín a billa do vertedoiro e bebín a morro un grolo de auga. Volvín escoitar o estoupido de cartuchos preto da aldea e pensei, sen atopar unha explicación, que desta vez era seguro que a perdiz caera.

 

  • Proposta de banda sonora:

 

2 comentarios a Mañá de domingo con tiros

  1. Moi agudo, Ramón. Podería terse escrito 30 anos antes e resultaría igualmente actual.

  2. En realidade este é un texto que tiña por aí perdido nun caixón e que debín escribir hai seis ou sete anos. Do que si estou seguro é de que o escribín antes da creba de Lehman Brothers.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 2 = 6