medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Fina Casalderrey, a memoria da infancia

Fina Casalderrey

Fina Casalderrey

A pasada fin de semana ingresou pola porta grande da Real Academia Galega unha das máis destacadas, e tamén queridas, escritoras en lingua galega: Fina Casalderrey. Como non podía ser doutro xeito, no seu discurso a autora pontevedresa reivindicou a literatura infantil e xuvenil e, fronte a aqueles que a consideran subalterna, no mesmo nivel que a chamada literatura para adultos.

Fina Casalderrey entra na Academia a proposta de Ramón Lorenzo, Salvador García-Bodaño, Manuel Rivas Barrós e Rosario Alvarez Blanco. Con ela entra unha gran autora que coñece coma poucos o gusto dos lectores máis novos e do mundo da docencia, tan importante para asentar o gusto pola lectura. Non menos importante é que tamén acrecenta unha presenza feminina ( canda Xohana Torres, Luz Pozo Garza, Rosario Álvarez e Margarita Ledo) que segue a ser ben escasa, algo que non pasou por alto Casalderrey no seu discurso.

  • Podes ver aquí un sinxelo pero ben entrañable homenaxe que os alumnos do IES Pintor Colmeiro de Silleda lle renderon este ano a autora

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 4