medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Casa e compórtate

Un texto de Samuel L. Paris

“Cásate y sé sumisa”. E nunca pasa nada. A literatura, por veces, é unha persoa apapahostiada conducindo un Mercedes vello cun cartel de “ME VENDEN”: ten a dignidade pendurada dunha espiña de pescada. Lembras cando os amigos che recomendaban este ou estoutro xeito de te esfolar o fígado? Era así o que dicían? Quen coñece os órganos da resistencia?

Samuel L. Paris

Samuel L. Paris

A vida sostida polo sometemento. A vida alicerzada detrás do descoñecemento da luz laranxa. Actuar axeitadamente. Somos heterosexuais, homes, brancos. O amor só é algo máis. A vida, por veces, parece estar en mans dun heterobranco conducindo un Opel Tigra con moitas cancións espantosas atronando debaixo do mar.

Merquei un can. Morreume o can. Merquei un gato. Morreume o gato. Merquei unha tartaruga. Morreume a tartaruga. Acendín a televisión.

A nosa vida sería un bo alimento para os cans, se non fose unha metáfora tan e tan cutre.

[…]

Samuel, ao comezo parecía que ías falar do libro “Cásate y sé sumisa”, mais pronto perdiches o fío. De que vai este artigo? Pois dígoche, sombra, que acabo de espertar dunha anarcosesta e estou anarcoapapahostiado e vin que xa tiña que ter entregado o artigo aos accionistas de Letra en Obras (el portal) o luns, así que comecei a tirar dun par de ideas que se me ocorreron hoxe camiño do vermú (a do Mercedes vello e a da espiña de pescada). O resto do artigo está construído sobre o anterior parágrafo en bucle mal. O do can e os gatos faime algo de coña.

[…]

Samuel, ao comezo da explicación parecía que falabas coa túa sombra, aínda que complicaches bastante o asunto ao non diferenciar graficamente as dúas voces. Samuel, ¿me estás escuchando? Oe, este disco era de Pennywise? No, es de tu padre.

[…]

Samuel, que opinas do libro “Cásate y sé sumisa”? Hai poucas cousas máis feas que o sometemento a calquera MOVIDA. Así, de primeiras, só se me ocorre cagar na boca de teu pai. ¿Cómo? Tu novia es una reptiloide. ¿Cómo?

[…]

Samuel, cal é o mellor libro que liches ultimamente lately?

“Pulir”, de Nacho García.

[…]

As amigas dicíannos que alugásemos o fígado ao primeiro que pasase. E non tal.

2 comentarios a Casa e compórtate

  1. Ben, Samuel, gostei… Retranca precisa, crítica inexorable a casar, pero os textos da metaliteratura neste caso n sei eu… O q está claro e q podes ver e escribir cousas sublimes como Montelouro.. Vai á-mar e inspírate, punki!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + 8 =