medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Alternativa aos evanxeos

Un artigo de Marcelino Fernández Mallo

Unha cidade galega calquera. Unha ducia de actos literarios ó ano, vinte e cinco asistentes de media, a maioría amigos e familiares do autor. Por outra banda, miles de actos litúrxicos e máis de cen fregueses por función. Non dá a pensar?

Marcelino Fernández Mallo

Marcelino Fernández Mallo

Aínda o chaman Novo Testamento e axiña vai cumprir os 2.000 anos de existencia. Trátase sen dúbida do long seller máis resistente da literatura universal, que deixa en folleto publicitario ao mesmísimo Quijote de la Mancha. Tamén do máis reiteradamente lido e representado, como para tomar a risa a Hamlet ou a MacBeth. Ano tras ano, dende milleiros de púlpitos, reprodúcese a lectura dos seus contos e historias, uns de carácter prosaico, outros máis espirituais, entretidos en xeral. Ocorre de que tan repetidos, os fregueses terminan aprendéndoos de memoria e así non hai xeito de conservar nin chisco de intriga ou misterio. Mesmo o estilo percíbese redundante. Mateo, Marcos, Lucas e Xoán escribían a eito e non o facían mal, as cousas como son. Emporiso, amosaban unha certa tendencia á redacción demasiado lineal, ao uso previsible dos recursos, a ignorar a retranca e o humor, a rematar cunha moralina final… Quedaron, disque, un chisco anticuados, non?

Agora que o novo xefe semella aberto ás novas solucións, eu proporíalle tirar da literatura e revolucionar as misas dos domingos (e ás do resto da semana tamén). A súa audiencia diminúe ano tras ano, algo haberá que facer? Propoño substituír os tan reiterados relatos evanxélicos, que non será sen tempo, por outros extraídos da literatura galega. E alternar ese protagonista único ao que sempre recorren con, por exemplo, Balbino, o rapaz de aldea, ou con Milhomes o esmorgueiro, ou co universitario Lobariñas ou co garda civil Herbal. Cito estes como podería mencionar varios centos máis. Se cadra perderían liturxia pero gañarían, de seguro, variedade e atención.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + 7 =