medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Agora estou esperta

Un texto de Pily Dopazo

A auga mollábame os pés, unha auga azulada pola tinta do caderno no que acababa de escribirlle que xa non podía máis, que non contara máis cun saco de boxeador no que descargar cada día a súa ira, hoxe acabábase todo…

Pily Dopazo

Pily Dopazo

A folla da ventá da miña habitación estaba aberta baténdose contra a parede polo vento que sopraba fóra. A choiva caía enriba de cada unha das palabras que escribira para el e baixaba en ríos de bolígrafo azul por un lateral da mesiña de noite.

Aquela friaxe mollada fora a que me espertara.

Atopeime, sen lembrar nada, tirada nun chan espido e frío.

Non podía abrir un dos meus ollos e doíanme as costas. Un fino fio de sangue saíame dun oido e a borborotos dende o narís. Os beizos inchaos e a lingua mordida. Agora lembrábame…

El entrou na habitación antes de que eu pechara o caderno e arrincoumo das mans, leu e os ollos saíronselle das órbitas cando mirou para min. Non falaba con palabras, só con sons de desprezo e cólera envolvidos nun noxento cheiro a xenebra.

Lembro o primeiro golpe, seco, na cara, co puño pechado enriba do narís, a forza tiroume no chan e á caida seguiulle unha patada.

Agora estou esperta, e oio unha queixa de dor, miro o meu carón, el está aí tirado. Non sabía que tiña unha pistola pero estoulla vendo, e vexo un burato no seu peito, e embaixo del unha poza de sangue. Está agonizando, apenas respira, está mirando para min e, no que estou case segura de que é o seu último aire pronuncia o meu nome. O tempo pasa, non o sei contar pero el xa non está…

Agora estou esperta, lembro só o principio, e menos mal. Non debín aguantar nin o primeiro insulto de aquel primeiro día, ao ir para o hotel, cando me dixo que calara a boca que el agora era o que mandaba.

Agora estou esperta, xa é día e dende a rúa escoito a miña veciña berrar. Está de cara a miña ventá, chamándome á vez que saca un tlf do peto e marca un libro e lle berra a quen lle atende o meu enderezo e lle pide por Deus que veñan a lume.

“Parrula, non terás que chorar máis”, dime Lola, a miña veciña, namentres me ten collida a cabeza nos seus brazos. “Agora o mal soño acabou…”

Agora  estou esperta, espertei dun mal soño dunha vida da que pensei no seu momento  que era a plenitude da felicidade e non era tal…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + 8 =