medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Quen dixo que o teatro está morto? Que pase este outubro por Carballo

Chévere volverá estar en Carballo

Chévere volverá estar en Carballo

A cultura, tamén a teatral, é sempre un investimento a longo prazo. Só así se entende o que sucede en Carballo cada vez que chega o outono. E é que este municipio de pouco máis de 31.000 habitantes conseguiu consolidar unha mostra teatral que para si quixeran algunhas cidades. Os afeccionados da comarca e doutras próximas agardan por un festival que foi creando e consolidando un público esixente e agradecido durante 22 anos. O pasado sábado puxéronse á venda 175 abonos que tardaron pouco máis dunha hora en esgotarse.

Durante practicamente todo o mes de outubro (entre o día 3 e o 31) a capital bergantiñá é un rebulir constante de propostas escénicas tan diversas como brillantes. O epicentro deste Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) é o auditorio do Pazo da Cultura, onde, a pesar de contar con case 350 butacas, é moi habitual que se vexa o cartel de esgotado na billeteira. A oferta no Pazo da Cultura compleméntase con teatro na rúa ou con numerosas actividades de conta contos nos locais hostaleiros do casco urbano.

Con prezos de entradas que van dende os 3 ata os 15 euros os espectadores poderán ver, se apuran a reservar, compañías galegas, vascas, catalanas, madrileñas e incluso de fóra do estado como é o caso da chilena La Mona Ilustre.

Podes ver aquí:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + 8 =