medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Plan B Editora: a aventura editorial dunha libraría de Ponteceso

tENDAA Tenda dos Libros é unha pequena libraría do municipio de Ponteceso (Bergantiños). Se ser libreiro nun municipio de apenas 6.000 veciños non semella doado, os donos d’A Tenda dos Libros parecen querer demostrar todo o contrario. Así Pepe Alborés e María Xosé Rodríguez Nimio, a parella que dirixe a libraría, preparan o lanzamento dun modesto pero moi meritorio selo editorial: Plan B Editora.

A nova empresa nace da idea de “editar libros de autores da comarca ou traten sobre ela que xa están descatalogados”. Para estrearse decidiron recuperar unha obra de Xosé Antón Pet Posse (Ponteceso, 1941): Portoceo. Esta obra foi finalista do premio Planeta no ano 1982.

Plan B Editora aposta pola impresión dixital e por tiraxes moi pequenas (100-150 exemplares) que fagan sustentable o proxecto e que á vez ofrezan un produto económico ao lector. Os libros poderán mercarse na propia libraría e noutros establecementos da comarca de Bergantiños.

Podes ampliar a información na edición de Carballo de La Voz de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 11