medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Outono

Un texto de Isabel G. Couso

Outono: asáltanme imprevistas tristezas ao ritmo das adiantadas chuvias. Co ollar no infinito, suspensa no tempo, trato de pór orde na discutíbel actualidade.

Isabel G. Couso

Isabel G. Couso

Un tren transmútase en improvisado cadaleito para 79 viaxeiros; na memoria latexan oito vagóns, dúas locomotoras e unha pila de ferralla na que ficaron vontades, arelas, vidas. O chamado espírito de Angrois procura heroicidades e coraxes que todos quixeramos partillar. O esquecemento bota xa terra a outro tráxico filme que aconteceu á porta da casa. Outros non teñen esa sorte e non conseguen atencións e condenas, choros solidarios. Acontece en Bangladesh, en Lampedusa, en Damasco.

O lume forestal exixe o seu protagonismo nun verán tráxico. Devora hectáreas e esquecemos outros males. As Plataformas de Afectados polas Preferentes requiren o seu espazo; morre Rosalía Mera; unha nova explotación mineira ameaza con arsénico e cianuro os montes de Corcoesto. Un camiño rural de Cacheiras salta a todas as planas: unha nena chinesa morta devólvenos a un teatro sen pausa no que, desta vez, xa non nai heroes.

O Suchard volve xa ás prateleiras dos supermercados ao tempo que os calacús aderezan as festas do comezo de novembro. Xa o dicía o Julito terra do meu pae: a vida segue igual. A familia Botín non sofre ameaza de desafiuzamento. O partido do té devece por colgar o axóuxere no pescozo do gato, ben iría metido nun saco. Ao alcalde de Bande retúmballe o teléfono ao compás do Cara al sol e nun arraigado e sonoro galego sorrí noxento: “a min gústanme as mulleres, non vaias pensar..”. Os rumorosos proseguen camiño e poñen popa á costa verdecente; o luar xa hai tempo que só entende de folclóricas.

E neste fiar do tempo, xa no Outono, sacódenme preguntas e penas. Que podo facer eu? Fracaso. Procuro refuxio, osíxeno no colo de quen me comprende, dende lonxe. Sofro a doenza da prosa: soño lugares nos que nunca estiven, partillo respostas e aloumiños. A palabra está nos libros. Dicía o Mia Couto algo así como que só hai un xeito de escapar dun lugar: é saírmos de nós. Para esa fuxida cómpre amarmos a alguén: partillar o doce sabor dun bico, o calmo sosego dun libro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 4 = 11