medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Os adversativos

Un artigo de Paco Macías

Oe, ti, mira de ter unha idea, e idea realizala, comeza a contarllo aos colegas e coñecidos, ou a todo cristo. Se non se che ocorre nada propóñoche que digas que vas poñer un rabaño de cabras. Monte hai a diosdar, e demanda tamén.

Paco Macías

Paco Macías

E a partir de aquí prepárate para coñecer OS ADVERSATIVOS. Son eses que che lanzan unha morea de peros, agora ben, a menos que, así e todo, … que se o pensaches ben… que tamén estudar para acabar coas cabras… que se non hai nada mellor, que se os pastos, que se os lobos… Son xente fodida, cabróns cenizos, nachos negativos, tipos que todo o ven pesimista, que lles fode que os demais fagan cousas. Xente sabionda, e como non se lles ocorreu a eles daquela o que ti propoñas é unha merda.
E entre eles escóndense tamén xente moi traballadora, que pertencen a un gueto caciquil, e non queren que os demais fagan nada por se lles quitas un protagonismo que só cren deles. Non son poder directo, pero resultan máis eficaces e eficiente que o mesmo poder. Este utilízaos e eles sábeno, e cóbranlle por iso ao mesmo poder que os utiliza.

Xa os vas recoñecendo, ¿va que si? Están en todos os campos. Non das cabras e no da cultura.

Aínda que, mirándoo ben, tamén son útiles. Mesmo ás veces obrígante, coas súas eternas dúbidas sobre o teu proxecto, sobre o futuro, a te esforzar en buscar argumentos que valoricen a túa idea. E mesmo te obrigan a darlle o chisco de cautela necesario. Son algo así como “os necesarios tocapelotas”. A súa compañía non debe de ser moi duradeira.

Aos que máis lle amolan os ADVERSATIVOS son a eses que chamamos os PADIANTE, eses optimistas que nunca ven perigo no que se propoñen; para os PADIANTE, os ADVERSATIVOS son sempre un encordio de moita hostia. Os seus contrarios, os antítese… o inimigo.

Comentario a Os adversativos

  1. Tes razón, Macías, atópanse en todas partes. Non lles fagamos nin puto caso. Pretenden instaurar a ditadura da moderación, sempre hai que ter un “coidadiño” que empequenece.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + 5 =