medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O día que no Sergas receiten literatura para melloraren a nosa intelixencia emocional

Unha portada da revista Science

Unha portada da revista Science

Estamos un pouco máis perto de que o Sergas receite literatura? Hai que pensar no imposible para que algunha vez se faga posible. O primeiro paso está dado: a revista Science, unha das publicacións científicas máis reputadas do mundo, publica un artigo no que sostén que a lectura habitual de “ficción literaria” mellora notablemente a intelixencia emocional.

O estudo está asinado por David Comer e Emanuel Castano da New School for Social Research. O New York Times, que tamén se fixo amplo eco do estudo sinala que “ler libros que exploran en profundidade os sentimentos dos personaxes obríganos a mergullarnos na vida doutros e así é máis que lóxico que os investigadores demostren que estes libros poden mellorar a empatía e a súa comprensión da vida”.

Agarrándonos a este estudo e tamén a modo de brincadeira en Letra facemos votos para que algún día, máis cedo que tarde, o Sergas recoñeza a lectura de boa literatura como un efectivo medicamento para ter unha psique máis san.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 15