medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Nos caixóns

Un artigo de Roberto Noguerol

Roberto Noguerol

Roberto Noguerol

Nun caixón dunha vila galega hai un libro que leva cincuenta anos esquecido. Medio século de palabras collendo o vello dos anos. Da súa memoria queda, que se saiba, pouco máis que a breve nota dun xornalista que coñeceu fugazmente o autor. Contaba o articulista da boa impresión que lle causara aquel mozo facendo as veces de anfitrión na visita do cronista á súa vila. E, apenas anécdota, relatáballes aos lectores do xornal que o devandito rapaz lle estaba dando os últimos retoques ao seu primeiro libro. O seguinte que sabemos, en artigo posterior, é da prematura morte do mozo.

Por casualidades laborais demos hai pouco con esa nota xornalística, asolagada no mar de letras dunha hemeroteca luguesa. E que foi do libro, pensamos… Perdido? Destruído? Aínda esquecido nalgún caixón? Reliquia familiar acumulando po nalgún faiado da vila? Non fose o demo que sexa aquela a chamada a ser a gran obra da literatura galega, ese grial arelado por tantas esforzadas xeracións de literatos. Malo será…

Sexa como for, nese libro esquecido, bo, peor ou anódino, imaxino todos os libros gardados nos caixóns. Sen dúbida, algúns dos mellores que teñan existido han de estar aínda nesa algunha gabeta. Libros inacabados por causa maior, libros rexeitados por editoriais, novelas xeniais sen rematar pola preguiza do escritor, apuntamentos extraordinarios, notas delirantes, ideas magníficas… No libro perdido vexo todos eses libros que non encontro nas librarías. Libros de escritores mortos antes de hora, libros a medias por falta de tempo, libros que foron á fogueira nun arrebato, libros afogados nunha copa de máis, libros interruptus, libros censurados pola nai que o pariu ou polo demo que o fixo, libros que non chegaron ao prelo, libros aos que non lles chegou o momento…

Devezo por lelos todos.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + = 3