medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O Nóbel de Literatura é para Alice Munro

Alice Munro

Alice Munro

Fallaron case todos os prognósticos, o Premio Nóbel de Literatura recaeu nunha das máis destacadas narradoras en lingua inglesa: Alice Munro. A autora canadense, considerada unha mestra do relato curto, desbancou a autores que figuraban en moitas das quinielas, como é o caso de Haruki Murakami, Philip Roth ou a novelista Joyce Carol Oates.

Dende a Academia subliñan que “Munro é aclamada polas súas finas narracións, que se caracterizan pola súa claridade e o realismo psicolóxico. Algúns críticos considérana a Chekhov canadense”. Os organizadores do Nóbel tamén salientaron que “as súas historias están ambientadas xeralmente en vilas pequenas, onde a loita por unha existencia aceptable xeralmente resulta en relacións complicadas e conflitos morais, problemas que xorden de diferenzas xeracionais e ambicións de vida contraditorias”.

Para saber algo máis de Alice Munro:

  • Artigo do escritor Antonio Muñoz Molina en El País: Nadie como ella (08/12/2012)
  • Esta blogueira literaria, Juliana Brina, déixanos neste vídeo (en portugués) de case 23 minutos unha visión da vida e obra de Alice Munro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + 3 =