medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Memoria Chilena: dez anos “liberando” literatura

Memoria lEn 2003 a Biblioteca Nacional de Chile decidiu poñer  un proxecto pioneiro en América Latina: Memoria Chilena. A iniciativa que agora cumpre unha década tiña como motor filosófico a apertura do patrimonio cultural na web para que puidesen acceder libremente tanto investigadores como lectores comúns. Co paso do tempo, esta biblioteca virtual converteuse nun auténtico tesouro para que os queiran coñecer mellor a historia literaria de Chile. Textos, fotos, vídeos, audios, manuscritos dixitalizados de autores, primeiras edicións…Todo o que pode buscar un amante da literatura, aínda que a páxina tamén alberga libros de moitas outras disciplinas: historia, arquitectura, ciencia…

Como exemplo podemos buscar a Nicanor Parra e atopar dispoñibles catro libros do autor, 28 láminas, 44 artigos e seis fotos. Quen busque ao tan aclamado Roberto Bolaño pode baixar de balde tres libros seus: Puta asesinas, Estrella distante e Amuleto. Tamén podemos ler manuscritos de Neruda e doutros moitos autores que fixeron historia na literatura chilena.

Podes ver aquí:

Comentario a Memoria Chilena: dez anos “liberando” literatura

  1. Un sitio excelente!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 10