medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Trinta entidades estrearán este sábado a Feira das Culturas de Compostela

Cartel da feira

Cartel da feira

Asociacións e empresas culturais da bisbarra Compostela teñen este vindeiro sábado 5 de outubro a primeira proba de lume para lograr o seu obxectivo: consolidar unha feira que achegue a creación cultural ao público e sirva para dárense a coñecer. O evento, que se celebrará cada primeiro sábado de mes no Centro Comercial de Área Central, emprazado no barrio das Fontiñas arela ser a mostra cultural de referencia para a comarca de Santiago (165.000 habitantes), pero tamén para outras comarcas limítrofes, como son as de Ordes, Xallas, Sar, Tabeirós, Arzúa ou Noia.

Pero que vai atopar quen se achegue cada primeiro sábado de mes a Área Central? Pois un pouco de todo: Literatura, teatro, baile, postos de venda, concertos, actividades para crianzas…Dende a organización subliñan que a feira está aberta a empresas, asociacións e particulares que queiran participar nela. Os promotores lembran que a iniciativa, que é totalmente autónoma das institucións públicas, está aberta a todos os que queiran participar nela, tanto como expositores coma visitantes.

Comentario a Trinta entidades estrearán este sábado a Feira das Culturas de Compostela

  1. Pingback: A escasa implicación do sector fulmina a Feira das Culturas de Compostela | Letra en Obras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 8 = 10