medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Lobo Antunes escolle os Países Baixos para lanzar nova novela

António Lobo Antunes (Lisboa, 1942) é, sen dúbida, o narrador portugués con máis éxito de público e crítica. Non é de estrañar por iso que cada unha das súas novas novelas sexa nova destacada nos medios de comunicación de Portugal.

Lobo Antunes

Lobo Antunes

Lobo Antunes aproveitou unha xornada que protagonizaba no Centro Cultural de Belém (Lisboa) para anunciar que nos primeiros meses de 2014 vai estar nas librarías a súa nova novela: Caminha como numa casa en chamas. O autor explicou que o argumento céntrase nun inmoble onde os veciños, que son os propios narradores de si mesmos, son incapaces de comprender e de seren comprendidos.

Mais a curiosidade sen dúbida é que a obra vai publicarse antes nos Países Baixos que no propio Portugal. Interpelado sobre isto o escritor limitouse a dicir con retranca que “en Holanda hai bicicletas de longos cabelos louros e luminosos a cruzaren as rúas”.

A razón, seguramente editorial, hai que buscala no feito de que Lobo Antunes é un escritor que goza de gran éxito de vendas nos Países Baixos.  A súa obra, moi apreciada no norte de Europa, fai que o escritor lisboeta sexa un clásico nas apostas de autores en lingua portuguesa con posibilidades de gañar o Premio Nobel.

  • A xornalista María Luísa Blanco entrevista a Lobo Antunes no decurso do Gutun Zuria (Festival Internacional das Letras de Bilbao de 2013). O vídeo, en castelán, ten unha duración de algo máis de 90 minutos:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + = 8