medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

L’Horiginal, quen dixo que a poesía non daba para comer?

Restaurante L'Horiginal. /Foto: absolutbcn.com

Restaurante L’Horiginal. /Foto: absolutbcn.com

Vai xa para catorce anos, un restaurante barcelonés (en pleno barrio do Raval) decidiu demostrar que tamén se come con poesía e que esa maridaxe ten adeptos. L’Horiginal, que así se chama o local hostaleiro, comezou sendo un local onde paraban poetas a beber, comer e falar do que lles interesaba. Axiña os donos viron que aquela concentración de artistas podía dinamizar a vida diaria do restaurante. Dende entón, a poesía, sobre todo en catalán, ten un papel destacado ao longo de todo o ano. Os amantes da poesía teñen en L’Horiginal un dos primeiros exemplos de gastropoesía. Todos os mércores dende as 20.30 horas.

Poetas noveles, canda outros que xa son recoñecidos polo público afeccionado á poesía, xúntanse e recitan mentres o público degusta uns canelóns caseiros, un arroz de mariscos ou calquera outro manxar da carta. L’Horiginal non é nin moito menos o único que conxuga comida con poesía pero si é un dos máis afamados e con máis longa traxectoria culinaria-literaria da capital catalá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + 8 =