medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

I see the tomb with my name

Un artigo de Samuel L. Paris

O lector de artigos de OPINIÓN saberá proceder ante unha secuencia aparentemente inconexa (RANDOM) de consideracións (superficiais). A lectora de artigos de opinión saberá proceder.

Primeira secuencia

Samuel L. Paris

Samuel L. Paris

Barricada deixa de tocar. 30 e pico anos tocando. Positivo. O rock estatal non debería existir nos nosos días.  A marca Barricada sobreviviuse. Un tigre cunha única raia no lombo non pode chamarse tigre sen chorar por dentro.

Segunda secuencia

Os grupos musicais poderían durar eternamente. Se os cambios na formación orixinal apostan máis polo fluír fluvial que polo ay-esto-no-se-puede-superar, unha banda podería durar anos e anos. A música electrónica é unha mentira que podería acubillar isto con certa elegancia.

Terceira secuencia: a estraña confluencia da primeira e da segunda

Hogano, autoras e autores literarios (de ambos os sexos, como se pode comprobar gramaticalmente) sobrevívense ante a morte. Fican como marcas. Equipos profesionais fan perdurar o seu estilo, o seu trazo, o seu sangue. Tíñana? Dilatar agonías até o punto de que teñamos que loitar contra zombies literarios de VERDADE, non como os que continúan vivos e a vivir del pasado ay-yo-te-escribo-muy-bien.

Cuarta secuencia

Cando morra Lupe Gómez. Cando morra Estevo Creus. Cando morran (algún día) todos os Black Sabbath (The Doors fue una banda de rock formada en julio del año 1965 en Escairón). Cando morra e deixe de matar T. Moure. Cando morran todos os cantantes da Olympus. Cando morra Neymar. Cando me morreas. Non.

Quinta secuencia

Matar de aburrimento.

Sexta secuencia: al final se casan, se reúnen en torno al fuego y se lamen

Cando a autoría é unha marca, é que non vales para escribir. Déixao.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 9 = 17