medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Eu presenteime ao premio Repsol

Un artigo de José Luís Sucasas

José Luís Sucasas

José Luís Sucasas

Hai dous anos zangoneaba eu preguiceiro pola rede matando as horas do día cando fun dar coa autobiografía do amigo Xosé Carlos Caneiro, unha das plumas patrias máis prolíficas e controvertidas. “No seu decorrer conta con algún premio”, lin xa na terceira liña, logo de contar cando e onde nacera. Vaia, pensei, para ser o autor de Ébora e herdar a cadeira azul de Casares nas páxinas de La Voz, o ghicho eche ben modesto dunha vez. “… conta cun algún premio “ Claro, díxenme, por algo é unha pluma sobranceira e non unha vulgar pluma de pega rabilonga coma ti. E seguín a ler para coñecer logo eses dous ou tres premios que anunciaba aquel “algún”.  O Celso Emilio Ferreiro, o Cidade de Ourense, o Xohán Carballeira, o Rosalía de Castro de poesía, o Premio Xerais de novela, o Breogán, o Ourense de contos, o Premio Castelao de Narrativa, (deixádeme coller folgos, que o rosario non acabou) … o Monte da Condesa de relatos,  o Torrente Ballester de narrativa, o Premio Nacional da Crítica, (pero hai tantos premios? Isto é un minifundio sen fin!), o García Barros, o Xosé Aurelio Carracedo, o Loureiro Rey, o Risco de literatura fantástica, o Manuel Murguía, o Eixo Atlántico, o Blanco Amor … Ufff … , esperade que volva coller folgos e súmovolos. 1, 2, 3 …. 17, 18. 18 premios no seu decorrer! Pois si que tirou proveito de tanta carreira! E co novo que é aínda pode gañar outros tantos, se non lle importa telos “repes”, claro. E xa para zoscarlle o golpe de graza á miña autoestima, vai e leo que tamén recibiu bolsas da Consellería e do Ministerio. Toma castaña, Sucasas, que ti as bolsas que che dan son as de Eroski e pagándoas.

Tan mal corpo me deixou a descuberta que me metín na cama cunha caixa de galletas de coco e díxenlle á muller que non contara comigo para mais nada, que coidara ela da casa e dos fillos, que eu ía botar debaixo das mantas o resto dos meus días. “Só che pido que me repoñas o subministro de galletas a ver se rebento dunha vez”, pedinlle na desesperación. E seguín ouveando que se Caneiro tiña xa 18 premios e eu ningún (agás aquela trampullada de mocidade que xa contei aquí algunha vez e que non pode figurar no currículo, claro está), pois iso, que se Caneiro me gañaba 18 a 0, a vida xa non era digna de ser vivida. A muller, sempre sabia e de ánimo temperado, deume a razón coma aos tolos e deixoume alí na cama uns días, remoendo as miñas desgrazas e as súas galletas de coco. Ata que un día púxose comandante, dixo basta e mandou parar. “Meu amo e señor, non se che ocorreu pensar que para gañar premios hai que presentarse a eles? Bótateme fóra da cama e non fagas mais o parvo! Se queres premios, preséntate a eles; e se non, polo menos non xiringues con eles e deixa que os demais teñan os que lle dea a gaña.” Así de bravo me falou e deixoume coa boca entreaberta, sen palabras que retrucar. Mirado así o asunto, a muller levaba razón e había que darlla.

Superado aquel episodio vergoñento, púxenme a facer unha redacción para presentar no Repsol de Narrativa Breve. Por que este e non outro? Por mor da miña malformación economicista, calculei o rendemento por palabra escrita de varios premios e o Repsol era o que presentaba mellores ratios con diferencia. En concreto, saía a palabra a unha media de 25 céntimos de euro, partindo dunha obra de 35000 palabras. Coma no conto da leiteira, e asemade avanzaba na redacción, ía xa adxudicando os cartos do premio a bens e servizos varios: que se un cadro GIOS Carbon Lite de segunda man, pero coma do trinque e a bo prezo; que se unha achega extraordinaria ao portal LETRA EN OBRAS, para que deixe de estar en obras dunha vez; que se uns zapatos Missoni para a miña santa que ben sei que devece por eles; que se un garamelo anti-toupas última xeración; que se un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía, e que sei eu cantas cousas mais, que fun engadindo á lista dos soños ata xusto hai uns días, cando lin en LETRA EN OBRAS que a gañadora do premio fora a amiga (ben, non son amigo dela, pero queda ben poñelo para que non se vexa que estou amolado) Berta Dávila. Vale, está ben, hai que saber perder e fago públicos os meus parabéns a Berta. O fútbol é así. Pero, unha cousa, que fago eu agora coa lista da compra? E quen lle me di á muller que os Missoni eran só unha licenza poética máis?

5 comentarios a Eu presenteime ao premio Repsol

  1. Dicíalle onte a Cibrán (@cartaxeometrica) no Twitter que a algúns vainos a estopa. Xoan Xosé Piñeiro Cochón contaba nun relato o sufrimento económico que supón presentarse a un premio literario (alguén botou contas do que custa poñer unha novela por sextuplicado, máis gastos de embalaxe e envío?) e para o meu gusto contouno moi ben. E se polo menos un fora medio Caneiro e lle caera algo e cando en vez, aínda prestaba… Pero non. O de dicir que un escritor ten algo de puta soa a pasado: a algúns vainos o sadomaso.

    • Nunca pensei que me fora o sadomaso, pero vai ti saber… Por se acaso, ti bótalle unhas racións de polbo aí nas casetas á nosa conta.

      • Propiamente habería que dicir que un reincidente en convocatorias de premios literarios, agás se é o propio Caneiro, é algo masoquista por sistema. O de sado engadino eu para reforzar a idea de certa perversidade nese acto.
        PD: Algo botarei, pero nas casetas dase ano a ano o fenómeno da ración minguante: dentro de pouco servirán aire á feira.

  2. E probaches coa “primitiva”?…, (e o refuxio dos sonos dos que non temos talento nin amizades para o “Planeta”)…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 8 =