medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O poder político só premia estéticas literarias conservadoras?

premio-poesiaUnha semana despois de que o Ministerio de Cultura decidise distinguir o libro de poemas ‘O ángulo das brasas’, de Álvarez Torneiro, co Premio Nacional de Poesía. Ábrese un debate nos blogs e nas redes sociais sobre premios e política. A primeira en tomar a palabra foi Chus Daranur, pseudónimo de Chus Pato no Facebook. A poeta cuestiona se unha Academia presidida por Méndez Ferrín presentaría un libro como o de Torneiro ou se acaso apostaría por unha obra “máis anovadora” como o “Trasmuta”, de Xabier Cordal. Pato considera que:  “Baixo o goberno do PP os premios para a poesía galega serán para aquela que manteña unha estética conservadora, nunca para aqueles autores/as que se internen en propostas afastadas das poéticas canónicas PP españolas”

Poucas horas despois o profesor e crítico literario Xosé Manuel Eyré escribía un texto no seu blog no que secundaba en liñas xerais a postura “valente” de Chus Pato. Eyré, que sinala que o poemario de Torneiro é “extraordinario”, considera tamén que motivacións políticas á hora de apostar por determinadas estéticas literarias: “ Creo que xa o dixen, na miña opinión Torneiro beneficiouse de que a súa estética é para o xuri moito mellor de comprender que a de Transmuta. E paréceme básico. Alén de dicir por onde van os tiros poéticos tras do Padornelo”.

Podes ler aquí o seu post

4 comentarios a O poder político só premia estéticas literarias conservadoras?

  1. Evidentemente!
    E cando non o conseguen, tal e como pasou este ano con Roberto Vidal Bolaño, manobran para acalalo,aínda que sexa un dos mellores escritores de toda a historia da lieteratura galega.
    E falo do poder, dos poderes de agora, da RAG, do CCG, de Galaxia, das figuróns das universidades, dos diarios conservadores todos eles… Dá para unha novelón.

  2. Non estou moi seguro de que a deriva conservadora na literatura galega proveña exclusivamente da coincidencia dun goberno de dereitas no poder. Eu véñoa notando desde hai unha década longa xa, bipartito inclusive.
    ___
    apequenanovelagalega.blogspot.com.es

  3. Que Chus Pato propoña a Xabier Cordal non deixa de ser outra forma de caciquismo. ¡¡¡¡¡Sempre os amigos!!!!!!

  4. Curiosa a Chus Pato!
    Pois si, o seu Xabier Cordal gañou un premio, o da Crítica de Galicia, e ela estaba no xurado.
    Tería a súa coña, se non fose triste.
    O dos premios en Galicia ten taméb o seu aquel. Estes do xurado, ¿que votan? ¿O que leron? ¿O que lle presentan? ¿O que leron entre o que lle presentaron?
    ¡É todo tan infantil e tan pouco serio!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + = 12