medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Breves escritores

Un artigo de Elba Becerra

Elba Becerra

Elba Becerra

Un día destes fun ó cine. Que si, que si, ao cine. Era un cine sen salas xigantes e impersoais. Dábanche ganas de chamalo cinema. Eses pequenos descubrimentos que lle alegran a un a vida na  aventura  do “Living abroad”.

Foi alí, nese cinema tan familiar e recollidiño onde puiden contemplar “La Grande Belezza”, unha peli moi recomendable onde o protagonista vive de rendas a partir do éxito da publicación da súa primeira e, todo parece indicar, ultima novela.

Cales serán as razóns polas que un escritor deixa  de selo?  No caso do protagonista quizais sexa pola total entrega aos praceres mundanos, preferindo vivi-la vida antes que escribila, quizais non atope o momento oportuno, ou poida que se trate de medo escénico. Logo de acada-la fama, quen non sufriría dun ataque de pánico antes de ensinar ao mundo a seguinte creación?, o mesmiño pavor que debe padecer un ó sacar novo disco logo de degustar o dóce sabor  do éxito.

Isto foi o que lle sucedeu a Harper Lee grazas  a Matar a un reiseñor, quen agardaba unha morte lenta e dolorosa a mans dos críticos. Máis ben todo o contrario, éxito rotundo, cousa que ao autor lle pareceu igual de aterradora.

Noutros casos, sen embargo, é un acontecemento tráxico o que marca o punto e final ao que se considerará sempre coma o que puido ser unha prometedora e longa carreira no mundo das letras. Este é o caso de Luis Martín Santos o que morreu nun accidente de trafico logo de agasallarnos  con   Tiempo de Silencio. E Silencio foi o que nos deixou  Salinger despois de O gardián entre o centeo,  aínda que compuxo algúns contos, decidiu abandonar a escritura no pico da súa carreira. Tinguindo a súa obra dunha inevitable aura de intriga ao mesmo tempo que exercía un maniático control sobre o publicado.

Sylvia Plath quen procurara a redención coa A campá de cristal decidiu suicidarse o mesmo ano da súa publicación.

Sexa polo “síndrome da segunda novela maldita”, ou simplemente pola pertenza ao club dos eternos pospoñedores (do que me considero unha fervente seguidora)  as causas que levan a un a esquecerse da pluma por sempre son sempre misteriosas.

 

Comentario a Breves escritores

  1. Opinaba Richard Ford hai pouco que os máis dos novelistas escriben demasiado. Se cadra abandonar logo do primeiro libro é un aceno de honestidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 9 =