medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

As bibliotecas celebran a súa semana grande con programacións especiais

Biblioteca Ánxel Casal

Biblioteca Ánxel Casal

A Consellaría de Cultura e Educación impulsa unha programación especial para celebrar durante toda esta semana o Día Internacional das Bibliotecas (que se conmemora mundialmente o 24 de outubro). As actividades estarán centradas nas bibliotecas nodais da Coruña, Lugo, Vigo, Pontevedra e Compostela, e na Biblioteca de Galicia, que ten a súa sede na Cidade da Cultura. A programación deseñada pola Secretaría Xeral de Cultura festexará a importancia da lectura na formación do ser humano: espectáculos de monicreques, obradoiros, visitas guiadas, sorteos de libros e contacontos son algunhas das moitas actividades das que poderán gozar os que se acheguen estes días ás bibliotecas.

Deixámosche aquí unha pequena guía desta programación:

Obradoiros e contacontos

22 de outubro (18.30 horas) na Biblioteca Ánxel Casal, Luz Martínez achégalle os clásicos literarios a nenos e nenas de 6 a 8 anos.

23 de outubro (17.30 horas) na biblioteca nodal de Ourense, Migallas Teatro leva a actividade “entre arrolos e contiños”, para crianzas de entre un e catro anos e para os adultos que as acompañen.

24 de outubro (18 horas) na biblioteca nodal de Vigo haberá sesión de contacontos a cargo de Cucarandainas, para público familiar.

-O 25 de outubro na biblioteca nodal de Pontevedra actividade ‘Os contos favoritos de Lonxedetodo’, que vai acompañada dunha exposición bibilográfica na sala infantil. Ese mesmo día o contacontos José Campanari  estará ás 18 horas na biblioteca de Lugo. Por último esa xornada (tamén ás 18 horas) haberá contacontos na sala infantil da biblioteca nodal de Vigo.

Biblioteca González Garcés

Biblioteca González Garcés

-O 26 de outubro, ás 12 horas,  a Biblioteca García Garcés da Coruña ofrecerá a sesión ‘Contos para a igualdade’ dirixida a nenas e nenos de máis de tres anos. O mesmo día á mesma hora a Asociación de Persoas Xordas de Galicia interpretará na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela contos na lingua de signos e en voz alta para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Mentres, na Biblioteca de Pontevedra, Migallas Teatro, levará música á biblioteca de Pontevedra. Na de Vigo, tamén ás 12.30 horas, haberá un obradoiro de banda deseñada.

Bookcroosing e premios

-Xoves 24, a biblioteca González Garcés da Coruña vai realizar unha liberación masiva de libros, a partir de obras doadas. A biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra tamén se vai sumar a esta iniciativa.

En canto aos premios, a biblioteca Ánxel Casal de Compostela e a Garcés da Coruña tamén van agasallar aos seus usuarios o día 24 con lotes de libro de agasallo. Esta última biblioteca tamén vai entregar rifas ese día aos usuarios para o sorteo dunha cesta de libros. Tamén o día 24, a biblioteca nodal de Ourense sorteará ás 12.30 horas cinco lotes de libros.

Exposicións:

-Biblioteca Ánxel Casal: acolle a mostra “Vivir da terra. A loita do campesiñado galego (1925-1975)” e tamén a exposición de libros infantís “Comer é san e divertido”.

-Biblioteca González Garcés: exposición sobre os 25 anos do Premio de Poesía Lorenzo Baleirón.

-Biblioteca de Pontevedra. Ten dous proxectos esta semana: un dirixido ao público miúdo (Historias de biblioteca) e outro para adultos (Libros sobre libros). A partir do 24 de outubro e durante un mes, este centro tamén expón “A biblioteca pública e as súas ferramentas de traballo”.

-Biblioteca Nodal de Vigo. Aquí, dende o 24 de outubro e ata o remate do mes, poderás ver unha selección de escritores galegos en Vigo e para os máis pequenos “A biblioteca nos contos”.

Xornadas de portas abertas

Durante este semana, as bibliotecas tamén ofrecen visitas guiadas e xornadas de portas abertas para darlle a coñecer á cidadanía a súas instalacións e os seus servizos. No caso  da biblioteca Ánxel Casal, as visitas serán os martes e xoves pola mañá de 10.00 a 11.00 h e pola tarde de 16.00 a 17.00 horas. As bibliotecas de Lugo e da Coruña acollerán o día 24 unha xornada de portas abertas, con visitas guiadas, no caso do centro coruñés, ás 12.00 e ás 18.00 horas. O mércores 23, a biblioteca nodal de Ourense tamén realizará varias visitas guiadas concertadas e durante toda a semana establecerá un punto de encontro para levar a cabo visitas guiadas para adultos, en horario de 9.00 horas e de 16.00 horas. No caso de Vigo, a xornada de portas abertas será o 24, con visitas guiadas para coñecer a biblioteca ás 12.30 e ás 18 horas.

Para afondar no achegamento á cidadanía, a biblioteca Ánxel Casal tamén chegará o sábado ao Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, en horario de 8.30 a 13.45 horas, para ofrecer información sobre o centro, exhibir unha mostra da súa oferta bibliográfica e facer socio a todas as persoas interesadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 5 = 11