medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Vivir – e pensar – coma os porcos

Un artigo de Diego Taboada

A Manuel Barreiro : honestidade de granito. Ao novo cinema galego.

Quizais os xestores da cousa cultural aínda non caeron na conta, ou quizais non queren caer da súa burra coas sacas cheas dos contos da leiteira reformista. Quizais, quen sabe, nunca poderán deixar de concibir a cultura coma ese carneiro que cagaba moedas de ouro tan só pronunciándolle as palabras acaídas – carnero, carnero, dame dinero –. En calqueira caso, tanto ten, pois conviría recordarlles que as canles de produción e transmisión da información – e non só a relativa a datos macroeconómicos, estatísticas e acontecimentos políticos, senon tamén a información sobre eventos culturais -, así como as estratexias para captar potenciais consumidores dese anacrónico – sic – obxecto chamado libro, xa hai tempo que racharon coas estratexias tradicionais de control das administracions públicas e do merchandishing anexo á industria cultural.

Diego Taboada

Diego Taboada

A Mario Vargas Llosa e demais nostálxicos de aqueles marabillosos anos nos que certa aristocracia do gusto determinaba por decretazo estético qué obras e lecturas deberían ser dignas de aplauso unánime e qué obras e lecturas non, pode desagradarlles isto, mais, feitos son feitos : a día de hoxe, inseridos ata os miolos nesto que Manuel Castells analizou maxistralmente e denominou a sociedade-rede, os suxeitos máis pro-activos e curiosos, política e culturalmente, poden acceder e partillar todos aqueles contidos aos que non poderían acceder en condicions normais, isto é : pouca capacidade adquisitiva, profundo aburrimento cos contidos curriculares da educación formal e indiferenza ou distanciamento ante a oferta cultural dominante.

Albisco, a moi curto prazo, a potentísima emerxencia dun san escepticismo entre a comunidade lectora que procura ler e interpretar o mundo sen necesidade de criterios canónicos apriorísticos, así coma albisco, en nadiña, porque xa existe, a re-existencia dunha pequena comunidade resistente e resiliente na Galiza, na que os modos de facer televisión e xornalismo, así como de ampliar o discurso social e producir/partillar cultura, rachará por completo cos formatos e marcos tradicionais impostos polas estructuras mediáticas e liñas editoriais clásicas. Galiza, ano cero (http://galizaanocero.tv/) e Luzes (http://www.revistaluzes.com) son o mellor exemplo destas comunidades resistentes ao pensamento e a mirada única cociñada dende as metrópoles deste Imperio multipolar. Supoño que algo tirán que ver os faros e as torres a mar aberto nesta teima de Rivas, Pereiro, Iago Martínez e cia en levar nanopartículas de lus a un país sumido en plena parálise consensuada do principio esperanza.

Ao gran; creo que cada vez máis persoas son conscientes, na sociedade civil galega e alén, de que os novos modos de facer tv e radio, así como de producir e partillar cultura – entendendo por cultura unha ampla gama de expresions humanas, dende as ciencias até as artes e os saberes máis experimentais e aplicados -, racharán por completo cos formatos e os marcos tradicionais impostos pola estructura académica, mediática e editorial clásica. Xa poucas persoas, a non ser os citoyens-masa, acreditan en que o monopolio interpretativo da realidade chega dende os mal chamados informativos, a prensa–papel tradicional, os suplementos culturais e os medios audiovisuais – disque – públicos que funcionan a golpe de decreto político-administrativo do goberno provisional de turno.

Hai silencios moi ruidosos, e un deles é ese silencio que bisba de ouvido a ouvido na sociedade civil que o celuloide e as radiofórmulas non representan todo o universo existente e posible no discurso estético. Os máis apocalípticos, igual de insoportables que os máis integrados, aferrándose a dúas poses irreconciliables, entre un sereno conservadorismo que pasa de todo e un histriónico dramatismo que non soluciona ren, poden interpretar este feito coma unha vontade de ataque sistemática á profesión do xornalismo e ao complexo e custoso mester de publicar un libro, alegando non sei qué envexas e resentimentos de todos aqueles suxeitos – e comunidades – que se quedan fóra dos circuitos de auto-louvanza do show business literario, político e xornalístico. Mais, pensando así, o único que demostran é que tratan de convertir as súas debilidades en virtudes e poses alleas á crítica, axeonllándose perante o secuestro institucional e político dunha profesión que debería crer na verdade coa mesma intensidade coa que a lus cae do sol – o xornalismo -, e facendo o mesmo perante a conversión da profesión editorial nunha mera industria cultural. Ou, falando claramente, introducindo os tempos, formas e contidos da creación estética na esquizofrénica lóxica da offer-demand law do sector cultural dos estados, así como xestionando os mesmos contidos coma se fosen simplemente meros obxectos materiais, sen criterios estéticos previos e facendo caso omiso da crítica cultural máis independiente : aquela que non escribe de xeito militante para a editorial X, Y ou Z.

Con todo, cómpre ter en conta que éstas son tendencias culturais globais e que, ao mesmo tempo que se expande a mal chamada libre economía de mercado por tódalas xeografías culturais habidas e por haber, xermolan, progresivamente, máis e máis arquipélagos de resistencia que, en non poucos casos, son incapaces de ir alén da cansina reivindicación da dignidade de sermos periferia, colonia, cabo do mundo ou mexilons en vinagre – sic -. Dun simple feito xeo-político faise toda unha infumable e moralista declaración de principios na que só falta que a farándula cultural e o divismo dalguns activistas se exhiba coa mesma paixón coa que as rameras do barrio roxo de Amsterdam se exhiben detrás dos seus escaparates. O máis traxicómico do asunto é que os países máis maltratados, en tódolos aspectos, pola globalización/mundialización neoliberal, tenden a resistir cultural e políticamente á mesma  imitando burdamente os signos e poses da industria cultural anglosaxona, por moi pretendidamente autóctonos que pretendan ser as súas propostas e o seu marketing cultural.

As culturas e as linguas, no senso amplo e profundo da palabra, dende o máis antropolóxico e cotiá ata o máis inmaterial, son, no primeiro caso, concepcions do mundo nas que se manifestan valores comunitarios e concepcions do mundo, e no segundo, fíos conductores e transmisores dos mesmos. Tanto unhas coma outras non viaxan por separado, van xuntiñas, e convén reintegrar o que se separa artificialmente só por oportunismo político, ignorancia epistemolóxica, ou viceversa. O problema maniféstase colectivamente cando tratamos de habitalas mentalmente sen contrapuntos, oposicions, fragmentacions e relacions de poder históricamente implícitas, pois, nos tempos que corren, non leva a outro lugar que a certo cínico humanismo liberal e benpensante que fala solemnemente da traditio nacional ou do canon cultural convertíndoo nun museístico frasco de formol que fai as veces de narcótico estético para ocultar a barbarie Just in time que se materializa, día tras día, diante dos seus ollos.

Precisamente por isto, porque as linguas e as culturas sempre serán un campo de batalla pola procura de certa hexemonía do gusto, de certa imposición sutil da mirada ética, estética e política, o vínculo que existe entre a socioloxía crítica, a teoría estética e o contexto xeopolítico dende o que xermola a producción cultural, só pode ignorarse a costa de ou coa intención manifesta de narcotizar a conciencia colectiva, preparando progresivamente o terreo para o afortalamento cognitivo e afectivo desa non tan nova forma de totalitarismo á que chamamos a civilizatio neoliberal.

Sería de agradecer, xa que logo, que os Deuses do futuro fosen tan terreais coma os corpos, as linguas e as culturas ás que non lles queda outro remedio que reclamar danzando, cantando e rapsodiando políticamente, se fai falta, o seu dereito a saber de onde veñen, quenes son e cara ónde – e cómo – queren camiñar colectivamente. Vivir e pensar coma os porcos, ao fin e ao cabo, só pode ser atractivo para un ser que quere existir de tubo dixestivo cara abaixo.

¿ Qué política cultural – e qué cultura política -, queremos para o futuro?.

Levántase o telón; luces, cámara … paixón. Fóra máscaras.