medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Un concello ruso ‘enchufa’ un gato como bibliotecario adxunto

gatoAs novas insólitas, por moitas que leamos, non deixan de abraiarnos. A última provén da cidade rusa de Novorosíisk onde as autoridades locais decidiron nomear, entendemos que sen ningún tipo de proba de acceso, un gato como bibliotecario adxunto. O animal, que leva Kuzya por nome, gañou o cargo vitalicio logo de buscar acubillo na biblioteca infantil da cidade. Ao parecer, o persoal do local deuse conta axiña de que o gato era un magnífico reclamo para os máis cativos e unha maneira de incentivalos a ler.

O seu protagonismo é tal que incluso ten un espazo na páxina electrónica da biblioteca onde aconsella aos rapaces que lean máis libros sobre animais domésticos. O gato ten ata un contrato de traballo que estipula un salario de 30 caixas de pastel fígado ao mes.

Por se teñen algunha dúbida, deixámoslles aquí un reportaxe televisivo sobre este caso insólito:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + 6 =