medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Un anaco do perfil literario de Xaime Quintanilla

Un artigo de Xurxo Martínez González

Manuel F. Vieites, na introdución ao Alén de Xaime Quintanilla, afirma: “seguen existindo moitos prexuízos; os dos que pensan que o seu socialismo estaba demasiado abeirado ao galeguismo, e os que semellan pensar que ao cabo non era máis que outro ‘españolista’”.

Xurxo Martínez

Xurxo Martínez

Non podiamos estar máis de acordo con esta sentenza. Así quedan no caixón enferruxado obras e autores de merecido recoñecemento. Un xeito de fraccionar a historia literaria. Dividir para ser vencidos. Unha nación que usa un monóculo no canto de lentes remata por desperdiciar moita lectura. E a literatura merece ser lida con exquisita atención.

O médico Xaime Quintanilla foi socialista e alcalde de Ferrol. Mais tamén fundador das Irmandades da Fala, activo nacionalista ao longo da súa traxectoria levando na fronte e no bico a defensa do Estatuto dende os primeiros pasos da República.

Con certeza, fronte á oposición de camaradas que non comprendían que Galiza debe exercer unha política propia para atallar de mellor xeito a realidade social e económica.  A Quintanilla non lle restou credibilidade entre o proletariado ferrolán a bandeira nacionalista. Foi o seu alcalde e non renunciou os principios. Como debera ser e non é deber.

Impulsou numerosas (e destacadas) iniciativas culturais a prol da emancipación do campo cultural galego, sobre todo no teatro. A obra dramática de Quintanilla obriga a unha reflexión pousada non do texto en si senón do impacto que provocou no canon estético do rexionalismo. No citado Alén os actores son estranxeiros (ingleses, alemáns e irlandeses), que residen en Nova York e levan unha vida urbana moderna. Nada que garde relación cos personaxes de aldea, lerias de caciques e vida vilega. Pois ese enfoque de Quintanilla é razón suficiente para ser atendido como un innovador dentro da historia do teatro galego.

Volvo ao profesor Vieites para poñer cabo: “Quitanilla debería ser considerado tamén como un dos autores más importantes, renovadores e visionarios da literatura dramática galega, e as súas achegas supoñen a primeira tentativa de crear unha literatura dramática verdadeiramente nacional”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 8