medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

‘Pornografía’ poética a carón dos polígonos industrais

Imaxe do videopoema

A mediados da década dos 90, unha moza de Curtis que estaba a rematar os seus estudos de xornalismo en Santiago abría unha nova fiestra no escenario poético galego. Lupe Gómez presentaba  o seu libro Pornografía, uns versos tan desinhibidos como cortantes, nos que se mestura a violencia, a vida da aldea, a ansia de liberdade, o sexo…As editoras e xurados de premios polos que pasou aquel  orixinal non acabaron de convencerse e a autora tivo que recorrer á autoedición. Hoxe Pornografía é un texto indispensable nunha escolma da poesía galega dos 90.

Mais nesta ocasión aqueles versos de Lupe Gómez volven a Letra en Obras xa que o grupo DandyLady, composto pola actriz Iria Pinheiro e o músico Jesús Tejada, reparou neles para compoñer un fermoso e inquietante videopoema. O traballo foi filmado este verán nas inmediacións do polígono industrial Porto do Molle (Nigrán). Os autores dan indicacións claras para gozar destes 3 minutos e 38 segundos de imaxes, música  e poesía:

“Para visualizar correctamente este vídeo vostede ten que:
1) Apagar as luces.
2) Descalzarse (para sentir a herba en 3D).
3) Pantalla completa.
4) Play.”

DandyLady – Pornografía from dandylady on Vimeo.