medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O Modesto Figueirido, decano dos premios literarios, cumpre 39 edicións

Na imaxe, Liñares Giraut, gañador da edición de 2011Ata o día 1 de novembro está aberto o prazo para poderse presentar ao Premio Modesto R. Figueirido de relato curto. Nesta ocasión, o certame organizado pola Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro, conta co apoio do Concello de Maside (Comarca do Carballiño).  Os traballos terán que oscilar entre os cinco e trinta folios DIN-A4 e o premio consistirá na entrega de mil euros en metálico.

En 1975 comezaba a andaina dun premio que tivo en Xosé Ignacio Taibo o seu primeiro gañador. Aquel ano quedaron finalistas escritores como Méndez Ferrín, Xosé Manuel Martínez Oca (que despois gañaría o certame en posteriores edicións) e Carlos Durán. Na nómina de premiados neste galardón figuran narradores como: Xavier Alcalá, Tucho Calvo, Riveiro Loureiro, Helena Villar Janeiro, Riveiro Coello ou moito máis recentemente Xosé Alfredo Naz, Liñares Giraut e Miguelanxo Martínez Oubiña.

Podes consultar aquí as bases

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 6 = 9