medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Finou o poeta portugués António Ramos Rosa, referencia para a poesía galega dos 80

Este luns finou no Hospital Egas Moniz de Lisboa António Ramos Rosa, considerado como un dos maiores poetas portugueses actuais. Nado en Faro en 1924, Ramos Rosa tamén deixou unha forte pegada como tradutor e ensaísta. Tamén foi crítico literario e fundador da revista  Árvore, así como codirector das revistas Cassiopeia e Cadernos do Meio-Dia.

António Ramos Rosa

António Ramos Rosa

A súa prolífica e premiada obra poética principiou en 1958 co libro O grito claro. Posteriormente escribiría obras que o colocarían na primeira fila da poesía portuguesa: Sobre o rosto da terra; Estou vivo e escrevo sol; A pedra nua; O incêndio dos aspectos; ou  Génese seguido de Constelações.

O poeta galego Miro Villar chamaba a atención este luns no seu blog do sorprendente olvido da prensa galega dun autor que tivo unha clara influencia na poesía galega: “Alguén debería estudar a influencia deste autor na poesía galega dos oitenta e,xa menos, na dos noventa”. Villar fai fincapé en que a editora coruñesa Espiral Maior publicou en 1994 un libro inédito de António Ramos Rosa que chegou ás libraría do noso país co título de O Navío da Matéria.

A morte de Ramos Rosa na prensa portuguesa:

Antonio Ramos Rosa (1924-2013). Uma vida dedicada à poesia. Diario Público

Morreu o poeta António  Ramos Rosa. Jornal de Noticias

Momento na vida de António Ramos Rosa (escolma de fotos). Diario Expresso.

Morreu o poeta António Ramos Rosa. Diario de Notícias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + = 3