medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

‘Cocíñame’: instrucións para facer o amor e a comida

Como van da man a comida e o erotismo? Amar e comer non son goces tan terreais coma sublimes? “Úntame de pementa / e outras esencias. /Quéntame as coxas con canela /baña os meus peitos con aceite / de rosa mosqueta / e améndoa (…)” Son estes os seis primeiros versos dunha receita poética: “Polo ás finas herbas”.

mexillónsCocíñame. Poemario Culinario, é un vello proxecto de dúas artistas: a escritora Celia Parra e a fotógrafa Cristina Astorgano. A iniciativa salta á rede para goce de todos os que se acheguen ao blog. Explícao Celia Parra: “A idea xurdiu hai ben tempo. Hai uns anos comecei a escribir poemas relacionados coa comida (a verdade, ese erotismo inherente sempre me resultou moi inspirador, unha fonte de metáforas). Cando me din conta, o número incrementara ata formaren unha serie. Ocorréuseme que sería bonito ilustralos dalgún xeito e axiña pensei en Cris, que ademais de ser amiga, é sobre todo unha fotógrafa marabillosa”.

A chegada á rede deste proxecto foi case un paso  natural: “Logo dun ano cavilando nunha forma adecuada para o Poemario Culinario (se libro, pdf, epub, serie fotográfica…), este verán retomamos a iniciativa e transformámola en blog, por ser máis directo, con posibilidade de ir

Receita do polo ás finas herbas

Receita do polo ás finas herbas

actualizando periodicamente os menús e ir alimentando a colección de receitas. De feito, non é aínda un poemario pechado, xa que a intención é ir sacando fotos que poidan inspirar poemas, ou ao revés, buscar a foto axeitada a un poema xa escrito. “Traballamos” en rede: eu envíolle poemas a Cris, ela mándame fotos (ou viceversa), e eu maqueto todo nunha plantilla moi sinxela con aparencia de recetario.”

Este sorprendente  e saboroso proxecto de Celia Parra e Cristina Astorgano podería rematar nun futuro en libro en papel. Celia Parra non nega que a posibilidade está enriba da mesa: “Nun formato pequeniño e cunha edición coidada quedaría un recetario ben bonito e orixinal! Xa iremos vendo, todo depende de se o proxecto segue crecendo pouco a pouco ou se arrefría de repente…”

Dende Letra facemos votos para que siga a cociña chea de olores e mentres, a modo de aperitivo tomamos un viño aprendendo que: “O mellor viño é a vendimia /amasarnos entre as uvas / esvarar coma peixes embebedarnos / de beixo / con sabor a terra (…). Atendamos a comida que xa bota fume!

ESPÉCIAME from Celia Parra on Vimeo.

Comentario a ‘Cocíñame’: instrucións para facer o amor e a comida

  1. Póñenseme os dentes largos…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + = 8