medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A nova literatura analízase en tempos “salvaxes e bastardos”

Cartel das xornadas

Cartel das xornadas

A Universidade de Vigo abre este outono  as súas portas a escritores novos para que debatan sobre o presente e futuro da literatura que se fai no país. As conferencias aglutínanse baixo o título de “Unha outra literatura para un outro tempo”. A actividade está organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e conta co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Todas as conferencias terán lugar ás 12 do mediodía no salón de actos da Facultade de Filoloxía. A primeira terá lugar este xoves 26 de setembro e na mesma participarán os escritores Alberto Lema e Samuel Solleiro que conversará sobre “Ser ou non ser posmoderno? As oportunidades perdidas e os ciclos pechados”. A seguinte conferencia, que será o 3 de outubro, terá como protagonistas a Berta Dávila e Gonzalo Hermo, nesta ocasión falarán sobre sobre poesía baixo o lema de “Furia estratéxica para un tempo salvaxe? Precariedade e poesía”. Por último, o día 24 de outubro será a quenda do teatro. Antía Otero e Vanesa Sotelo conversarán baixo o epígrafe de: “Teatro impuro para tempos bastardos”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 8 = 14