medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A máis marabillosa das colleitas literarias francesas: 1913

“Quizais son curto de miras, mais non concibo que un señor empregue trinta páxinas en describir as voltas que dá dun lado para o outro antes de adormecer”. Así de expeditivo despachaba en 1913 un editor parisiense o que sería Polo camiño de Swan, de Marcel Proust. Mais axiña a obra vería a luz noutra editorial e contribuiría a un ano excepcional na literatura francesa.

Cóntao con detalle o xornalista e crítico arxentino Martín Schifino na Revista de Libros: “ 1913 é o indiscutible annus mirabilis da literatura francesa moderna, como demostra unha somera lista de textos: A prosa do transiberiano, de Blaise Cendrars; Le Grand Meaulnes, de Alain-Fournier; Locus Solus, de Raymond Roussel; Alcois e Os pintores cubistas, de Guillaum Apollinaire; O diario de A. O. Barnabooth, de Valery Larbaud; Eva, de Charles Péguy; e o obstáculo, de Colette, entre outras. É posible que nunca houbese tal concentración simultánea de obras mestras pero non se trata só dun asunto numérico. É o momento do que Antoine Compagnon, un ensaísta pouco dado ao exceso retórico, chamou “unha prodixiosa renovación” literaria, cando se consolidan novos temas, formas e imaxes. Ata aquel momento a ninguén se lle ocorrera empregar trinta páxinas en describir as voltas que dá dun lado para o outro antes de durmir (…)”

Podes lera aquí o artigo completo: