medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A literatura portuguesa viaxa en furgoneta por Lisboa

Libraría móbil. Foto: Jornal de Letras

Como promover a literatura portuguesa e ao mesmo tempo buscar un xeito de vida? Os promotores de ‘Tell a Story’ acaban de atopar unha fórmula moi pouco habitual: unha libraría móbil. Se vostede pasea polos lugares máis turísticos de Lisboa é moi probable que se atope cunha furgoneta (unha Renault Estafette de 1975) que leva libros traducidos ao inglés, francés, alemán e español. Pessoa, Torga, Lobo Antunes ou Saramago son algún dos autores que teñen presenza nesta peculiar libraría

A iniciativa parte de dous amigos lisboetas que pensaron que esta podía ser unha estupenda posibilidade de gañar a vida dedicándose á súa paixón: os libros. A iniciativa está a ter un notable éxito e é unha demostración de como segue a haber múltiples vías de promoción da literatura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 9 = 11