medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A Casa de Hortas, principio e fin dun poeta

Momento do acto de inauguración / Fonte: Sermos Galiza

Este luns 8 de outubro cúmprense nove anos do pasamento dun dos poetas que deixou unha das maiores pegadas na literatura galega da segunda metade do século XX.  Mais estea onde estea,  Manuel María Fernández Teixeiro ten motivos para estar orgulloso. O sábado abriu as portas unha casa museo que se encargará de manter viva a chama da súa memoria e esta non é outra que a súa propia casa natal en Outeiro de Rei, na Terra Chá natal que tanto influíu na súa obra literaria.

Dende hai anos, amigos e estudosos da obra de Manuel María pelexaban por conseguir fondos para restaurar a casa familiar o poeta chairego e convertela nun foco cultural da comarca. Esta fin de semana os desexos fixéronse realidade e centos de persoas chegadas de todo o país achegáronse a unha inauguración que foi sobre todo un tributo ao escritor.

Deixámosvos algunhas crónicas do acto:

Apoio masivo á figura de Manuel María na inauguración do seu museo (El Progreso).

Centos de persoas festexan a inauguración da Casa Museo Manuel María, tributo ao gran poeta nacional (Sermos Galiza).

A memoria de Manuel María xa recibe visitas en Outeiro de Rei (La Voz de Galicia)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 1 =