medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

50 novelas para a miña sobriña

Un artigo de Marcelino Fernández Mallo

O verán prodúcese cando o Sol acada a súa posición máis boreal respecto á Terra. Durante o verán, o Sol sae antes e ponse máis tarde. A Terra, como querendo gozar deste agasallo de luz,

Marcelino Fernández Mallo

circula máis lenta no órbita solar durante o verán. Ten isto algo que ver coa literatura? Eu coido que si, que tales circunstancias animan o ser humano a tomar as cousas cunha maior filosofía e mesmo a relaxarse e fuxir da lúgubre realidade do inverno.

Pode ser así ou doutra maneira. Pero é certo que unicamente no verán coincidimos a familia xantando baixo dun castiñeiro, tesitura apropiada para falarmos de libros. E iso fixemos. Descubrín que a miña sobriña ten a lectura como xeito principal de pasar o tempo de lecer, o cal anotei como feito sobranceiro considerando a oferta dispoñible para o entretemento da mocidade e a pouco aprecio que adoitan amosar os mozos pola cousa literaria.

A conversa derivou por onde non debería e así terminei eu comprometido en seleccionarlle unha listaxe de 50 novelas. E tal fixen co cal cumprín co ritual este de recomendar títulos de libros para o estío. Normalmente se atinxe a títulos publicados no último ano. Velaí o interese desta selección: 50 títulos da literatura universal de tódolos tempos. Espero que lle resulten de interese a miña sobriña. Pégalles ti un repaso porque sendo usuario dun sitio web de literatura, deberías ter lido a maioría delas.

  1. Eugenie Grandet, de Honoré de Balzac
  2. Madame Bovary, de Gustave Flaubert
  3. El paraíso de las damas, de Emile Zola
  4. La dama de las camelias, de Alexandre Dumas
  5. La fugitiva, de Marcel Proust
  6. El extranjero, de Albert Camus
  7. Viaje al fin de la noche, de Louis Ferdinand Celine
  8. La vida, instrucciones de uso, de George Perec
  9. Almas grises, de Philip Claudel
  10. Orgullo y prejuicio, de Jane Austen
  11. Jane Eyre, de Charlotte Bronte
  12. El retrato de Dorian Gray, de Oscar Wilde
  13. La tienda de antigüedades, de Charles Dickens
  14. 1984, de George Orwell
  15. Los Budenbrook, de Thomas Mann
  16. Opiniones de un payaso, de Heindrich Böll
  17. El tambor de hojalata, de Gunter Grass
  18. El nombre de la rosa, de Umberto Eco
  19. Caos calmo, de Sandro Veronesi
  20. O primo Basílio, de Eça de Queiroz
  21. Rafael, de Manuel Alegre
  22. Los pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán
  23. La tía Tula, de Miguel de Unamuno
  24. Tiempo de silencio, de Martín Santos
  25. La oscura historia de la prima Montse, de Juan Marsé
  26. La saga/fuga de J.B., de Gonzalo Torrente Ballester
  27. Corazón tan blanco, de Javier Marías
  28. Yo confieso, de Jaume Cabre
  29. A esmorga, de Eduardo Blanco Amor
  30. O porco de pé, de Vicente Risco
  31. Adiós María, de Xoana Torres
  32. Amor de tango, de María Xosé Queizán
  33. Ilustrísima, de Carlos Casares
  34. El guardián entre el centeno, de J.D. Salinger
  35. En el camino (On the road), de Jack Kerouac
  36. Tortilla flat, de John Steinbeck
  37. La conjura de los necios, de John Kennedy Toole
  38. Submundo, de Don DeLillo
  39. En América, de Susan Sontag
  40. Boquitas pintadas, de Manuel Puig
  41. Rayuela, de Julio Cortázar
  42. Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez
  43. Pantaleón y las visitadoras, de Mario Vargas Llosa
  44. Los detectives salvajes, de Roberto Bolaño
  45. Pedro Páramo, de Juan Rulfo
  46. Como agua para chocolate, de Laura Esquivel
  47. Gabriela, clavo y canela, de Jorge Amado
  48. Cometas en el cielo, de Khaled Hosseini
  49. Los versos satánicos, de Salman Rushdie
  50. Hijos del ancho mundo, de Abraham Verghese

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 5 = 6