medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Yo xa te lo dixen

Un artigo de Samuel L. Paris

Escribir en lascas de xamón curado sobre a independencia de Hespaña con respecto ao resto das montañas e a sequidade. Escribir sonetos monorrimos formados só por vogais na cortiza inexistente de eucaliptos vellos. Escribir nas pantallas do móbil dos teus ex cunha navalla.

Samuel L. Paris

Escribir nos eccemas dos teus pacientes. Escribir parvadas (das que riman) nas pupilas das gaivotas. Escribir en libros alleos proclamas sobre a supremacía negra e acompañalas de debuxos de tartarugas voluptuosas. Escribir mensaxes ás nubes en tellados de uralita (nubes lectoras). Escribir os peores adxectivos ao remate do nome de cada membro de cada papeleta electoral de todos os partidos. Escribir un poema de amor con mexo na cara dos teus curmáns máis gordos. Escribir un diario poético con mercurio roubado. Escribir lírica medievalizada na calva dun moinante. Escribir cunha botella rota nas costas da túa nai borracha. Escribir contos sobre raposos nos muros de cada Galiña Azul. Escribir palabras como “poncho” e “cráter” con forma de bigote nas orlas de toda unha xeración de xente boa. Escribir “cuspimos en cada botella” nas etiquetas da adega máis importante. Escribir sobre  cada un dos grans da túa puberdade nos billetes de tren das señoras coruñesas. Escribir nas sentenzas de asasinas, en serio. Escribir no lume sobre o sexo entre os ventiladores. Escribir nun harakiri. Escribir nos gases dunha fosa aséptica sobre o aséptica que son as fosas asépticas. Escribir Samuel L. París mil veces nos ollos dos apóstolos do Pórtico da Gloria cun lapis laranxa. Escribir que nunca deixarás de escribir e obrigar os teus amantes a que che arrinquen as mans. Yo xa te lo dixen: se querías escribir, escribe.

2 comentarios a Yo xa te lo dixen

  1. Pingback: Yo xa te lo dixen | Parará, París

  2. …Escribir “Prosa poética, danos un respiro” en tódolos taboleiros de anuncios de premios literarios. Xa cho había dito (presidente Feijoo dixit).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 3 = 9