medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O Festival da Poesía do Condado recorre ao financiamento popular para seguir adiante

O poeta Bernardino Graña e o finado cantautor Suso Vaamonde nunha imaxe dun Festival do Condado

O Festival da Poesía do Condado, unha cita xa tradicional para as letras do país, pelexa por saír adiante un ano máis e chegar á súa vixésimo sétima edición. Mais nun momento de escasísimas axudas públicas á cultura, a organización decidiu tirar da axuda popular pedindo fondos por medio de Verkami.

Queres axudarlle directamente á organización? Podes ser un mecenas achegando 10 euros o que dá dereito a que o nome do doante figure na antoloxía poética do XXVII Festival de Poesía no Condado. Mais tamén hai doazóns pensadas para petos máis solventes e que van dende os 20 e os 500 euros. Neste último caso, os doantes terían dereito, entre outras cousas, a pasar dúas noites nunha casa de turismo rural de Salvaterra e a unha cea para dúas persoas.

Na páxina de Verkami os organizadores explican as razóns para a resistencia e a poesía deste xeito:

“Este ano o Festival da Poesia quere ser o XXVII Festival da Poesia. Para o ser, tem que se manter, e, para se manter, necessita dinheiro. Nom queremos renunciar às exposiçons, nim ao comboio de baixa velocidade, nim à música, nim à poesia, nim ao bar, nim a projectar as curtas do Festival de Cans, nim aos passa-ruas, nim à festa infantil.

Queremos que o nosso público o tenha todo. No festival e na vida: queremos umha vida digna, direito à sanidade e ao ensino, a teito, á alimentaçom, a um trabalho que nom nos roube o tempo e a saúde, a umha estrutura que dea cobertura às pessoas em situaçom de dependência, a um sistema económico que nom expolie os nossos recursos, a umha vida amável.

Por isso berramos “Desobediência”: para que nom lhe quitem às pessoas para dar-lhe aos bancos. Para que nom abandonem as iniciativas culturais populares para dar-lhe ao mamotreto da Cidade da Cultura.”

Comentario a O Festival da Poesía do Condado recorre ao financiamento popular para seguir adiante

  1. Pingback: O Festival da Poesía do Condado recorre ao financiamento popular para seguir adiante

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + = 11