medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

David Pobra gaña o Concurso de Novela Curta de Ribeira con ‘A liña azul’

David Pobra

David Pérez González, coñecido no mundiño literario como David Pobra, vén de gañar a cuarta edición do Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. A súa novela A liña azul obtivo o favor do xurado e grazas a ela o seu autor recibirá 3.000 euros en metálico e verá garantida a publicación da obra nos vindeiros meses.

David Pobra (A Pobra do Caramiñal, 1981) é licenciado en filoxolía galega e hispánica e na actualidade traballa na Universidade de Granada.  Entre as súas obras figuran os libros de poemas Poesía primeira de amor, desamor e arrefriado (premio Gzcrea, 2008) e Poesía segunda de amor desamor e sinusite (premio Xuventude Crea 2009).

Dende Letra en Obras mandámoslle os nosos parabéns a un autor que participou en 2011 no libro de relatos Letra en Obras, que podedes descargar neste portal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + = 16