medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

‘A lúa da colleita’, de Anxos Sumai, Premio García Barros 2013

“E unha novela na que destaca o elaborado traballo de caracterización dos personaxes, nunha

Anxos Sumai

historia onde o cuestionamento da identidade e a alteridade se vencella coa memoria e o pasar do tempo. A trama propón fortes doses de intriga, simbolismo e unha arquitectura perfecta, de linguaxe moi visual, que arrastra os personaxes a finais inesperados, pero de implacable lóxica. Todo este mundo, moi cambiante, e recreado a través dunha prosa límpida, da depuración extrema que flúe limpa e imparablemente.” Así motiva o xurado da XXV edición do Premio de Novela García Barros o seu fallo. O tribunal composto por Inma Otero Varela, Armando Requeixo Cuba, Luis Alonso Girgado, Carlos González de Lema Malvar e Carlos Loureiro Rodríguez, (secretario) elixiu A lúa da colleita, de Anxos Sumai, entre as 21 que se presentaron este ano ao certame. A obra publicarase nos vindeiros meses baixo o cuño da Editorial Galaxia. A autora recibirá tamén 9.000 euros en metálico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 9