medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Para ler e encantar: as bibliotecas de Oleiros

Vista da biblioteca central de Oleiros, en Perillo

Que libro escollo? Esta é unha das dúbidas que poden ter moitos usuarios das bibliotecas cando se atopan fronte a un universo de libros. As Bibliotecas Municipais de Oleiros veñen de sacar unha guía na que expoñen perto de 300 recomendacións entre libros, DVDs e CDs pensadas para cada lector segundo a idade. Baixo o título de Para ler e encantar os bibliotecarios oleirenses fan breves resumos de cada obra para facilitarlle o traballo aos lectores máis indecisos ou simplemente a aqueles que queren deixarse aconsellar polos expertos.

Atopámonos pois cunha máis que plausible iniciativa agora que se achega o tempo de verán e se multiplican os préstamos para as horas de lecer. A biblioteca central de Perillo e as oito bibliotecas auxiliares que conforman a rede deste municipio de 35 mil habitantes teñen un espazo propio na web que serve para manter un contacto fluído cos seus usuarios. Todo un exemplo para outros concellos de tamaño similar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 5 = 6