medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Calvino en galego

Un artigo de Marcelino Fernández Mallo

Xerais inclúe entre o seu catálogo varias obras de Italo Calvino que agora se desempoan para volver presentar en sociedade. Ao cabo, iso é o que formamos os lectores, unha sorte de sociedade caótica e semiclandestina a perseguir un fin común: facer dos libros un instrumento vital da existencia.

Marcelino Fernández Mallo

Italo Calvino debe estar presente en calquera das antoloxías literarias que se propoñan. E iso tanto pola súa obra fértil e diversa como polo singularismo da súa escrita. Tamén pola transcendencia das súas mensaxes. Así pois celebramos este acto de vindicación que supón a recuperación dos libros traducidos á nosa lingua e máis a nova edición de Marcovaldo ou as estacións na cidade (Xerais, 2013)

No prólogo de Miguel Anxo Murado en As cidades invisibles (Xerais, 2000) resúmense as claves creativas do intelectual italiano. Naceu en La Habana e quero ver nesa circunstancia unha razón para a súa produción máis fantástica e que se reflite na forma e no fondo de moitas das súas obras. Inda que en realidade, a súa infancia transcorre principalmente en Salermo nun ambiente que intúo bucólico e necesariamente científico como semella corresponder ao centro de experimentación en floricultura onde traballaban os pais. Foi partisano cando mozo e participou dos movementos comunistas da época, realidades que con seguridade influíron no carácter social das súas primeiras novelas.

A contribución de Calvino á literatura transcende o percorrido individual dos seus libros. As obras do humanista italiano merecen unha análise holística que poña de manifesto a dimensión do seu legado. Falamos de propostas realistas canda outras de preferencia máxica ou fantástica. Debemos subliñar agora o carácter innovador, posiblemente rupturista, de creacións que buscan a complicidade co lector nun xogo de busca, ás veces laberíntica, e reflexión.

Diciamos que os lectores formamos unha sorte de caótica sociedade. Calvino é un dos responsables esenciais dese caos fecundo e exuberante que representa a literatura universal.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + 7 =