medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O espectáculo debe continuar

Un artigo de Celia Parra

O pasado sábado fun á Ultranoite do Aquí para lembrar a gargalladas o grandes que son estes de Chévere. Desta vez contábanlle a Vidal Bolaño como cambiou o mundo desde que el o deixou. E abofé que cambiou moito, si! Agora o nariz de paiaso converteuse no elemento de atrezzo imprescindible (aínda que invisible) de moitos dos nosos representantes. Comedia negra? Thriller? Telenovela? Esperpento? Son moitos os xéneros literarios dos que poderiamos botar man para retratar a nosa actualidade. En Chévere empregáronos todos, e de forma maxistral.

Celia Parra (Foto de Xesús Fariñas Navarro)

Estamos nun momento máis que propicio para a aparición de bestsellers. Materia para inspirarnos non nos falta: roubos e líos de faldas baixo o pórtico da Catedral, mortes de dinosauros políticos, xuramentos de cargo crucifixo en man, mausoleos faraónicos a medio rematar, tramas de corrupción política, “amizades perigosas”… quen dixo Sicilia? Galicia! De alén das nosas fronteiras mellor non falo, alí atropélanse cada día nos titulares desde infantas e elefantes ata sobres e pantallas de plasma.

Ante tal cantidade de xugosos reclamos, en máis dunha ocasión a ficción adiantouse para superar á xa case insuperable realidade. É o caso do videoxogo “Dársenas, el tesorero corrupto”: nel, o xogador terá que repartir sobres con cartos e desviar fondos a Suiza antes de que algún membro descontento do partido filtre os libros de contas á prensa. Visto o visto, non estaría mal un “Indiana Castiñeiras en busca do Códice perdido” ou unha investigación policial ó máis puro estilo “CSI Compostela”.

Outro exemplo de fenómeno dixital que se fixo eco da actualidade foi, como non,  o famoso Harlem Shake. De entre as mil e unha versións que transitan o Youtube, saíu hai pouco unha marabillosa adaptación cos personaxes da cúpula do PP. En Chévere tamén fixeron a súa “Sutil” homenaxe ó nomeamento do novo director da Agadic empregando este formato. Sen dúbida, un dos (moitos) puntos álxidos da Ultranoite.“Vimos aquí a cagarnos en tododiós, que iso é a cultura”, dicían noutro momento dúas orixinais xenerais do Ulla. E boa razón teñen.

Lerias a parte, a cultura, tanto a conectada coa realidade como a que foxe deliberadamente dela, ten moito que dicir. Cantas máis estratexias de silenciamento emprenden as autoridades (véxase o IVE do 21%, o desmantelamento das axudas públicas, a falta de apoio ó cine e ó teatro, o desprezo case absoluto polos produtos e identidade propios…), máis necesario se nos fai escoitar esa voz. E facerlle eco, e berrala. Como somos moi galegos, e como haberá que rir para non chorar, a moitos o que nos quedará será empregar a retranca como arma de denuncia. O espectáculo debe continuar… dicía a canción. A cultura, tamén.

E que pensaría Vidal Bolaño de todo isto? Ben seguro é que escribiría outra boa tandada de obras de teatro. O caso é que lograse estrenalas…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + = 6