medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Infiltrados: o verme no cerne do nacionalismo

Afonso Eiré

Afonso Eire é un veterano de guerra da prensa en galego. Nado en Chantada en 1955, Pucheiro, como é coñecido popularmente, estivo vinculado ao longo de máis de tres décadas, como redactor e logo como director, ao histórico semanario A Nosa Terra. Mais Eiré sempre compaxinou o traballo xornalístico coa produción literaria, tanto no ámbito do ensaio como no da narrativa.

Eiré sorprende agora a moitos cun novo libro que leva por título Infiltrados, e que quere ser a historia das diferentes infiltracións dos servizos secretos españois no movemento nacionalista galego e de xeito especial na UPG. Biblos é a encargada de sacar á rúa esta obra que define como “novela de non ficción”, xa que se tratan de feitos reais completamente reais recreados en forma de novela que protagoniza Xosé Torga, un histórico militante da UPG. A pesar deste personaxe inventado, o resto de protagonistas políticos aparecen cos seus nomes veradeiros.

O xornalista, testemuña de excepción do decorrer do nacionalismo galego, intenta explicar neste libro como os servizos secretos intentaron variar o rumbo de organizacións como a UPG ou o BNG ou incluso propiciar conflitos internos. A obra que leva poucos días á venda xa se converteu nun dos máis vendidos na Feira do Libro de Santiago.