medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Estaleiro achega o pensamento filosófico de Terry Eagleton e Ulrich Beck ao lector galego

T. Eagleton

T.Eagleton

Estaleiro Editora e Proxecto Derriba continúan erguendo o facho do estudo da filosofía contemporánea. Este martes presentan na Libraría Couceiro de Compostela dúas novidades na colección de ensaio: O deseño dun círculo marxista. Unha introdución ao pensamento de Terry Eagleton e Cosmopolitismo versus globalización. Unha lectura de Ulrich Beck. O acto contará coa presenza dos autores respectivos, Xosé Manuel López e Francisco Conde, e será conducido por Miguel Mosqueira en representación de Estaleiro Editora.

Dende colectivo editor subliñan que: “na monografía sobre Eagleton, Xosé Manuel López, que asina o libro co pseudónimo Karl Hauser, estabelece unha cartografía básica para nos achegarmos á produción dun dos pensadores marxistas máis influentes das últimas décadas, especialmente atento aos procesos simbólicos da vida social e cultural e á activación do discurso crítico cunha función transformadora.

Francisco Conde, que asina como Frank Hauser, elabora unha sintética e estimulante introdución ao pensamento de Ulrich Beck. Na obra faise un repaso polas principais categorías sociolóxicas desenvolvidas polo filósofo alemán (sociedade de risco, individualización, globalización, subpolítica, cosmopolitismo…), imprescindibles para comprender as sociedades contemporáneas.”

As obras poderán adquirirse ao módico prezo de seis euros. Seguindo coa súa política editorial, Estaleiro permitirá descargar tamén de balde estes libros na súa páxina web.

Comentario a Estaleiro achega o pensamento filosófico de Terry Eagleton e Ulrich Beck ao lector galego

  1. Fantástico ;).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + = 14