medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

De bo dente

Un artigo de Elba Becerra

Elba Becerra

Esta mañá estaba eu ata o carallo de buscar  receitas en internet así que decidín revivir  a maxia dos libros de cociña. Acto seguido dirixinme a ver  que me ofrecía o mundo editorial. Quedei abraiada coa inmensa variedade de cores, tapas, cubertas, tamaños, especialidades e chefs que se acochaban nos estantes dunha pequena libraría. Logo duns interesantes corenta minutos, merquei dous vademécums culinarios, o primeiro contén receitas de avoas (concretamente de avoas británicas) e o segundo receitas saudables.

Xa na casa, comecei a alucinar mentres lle botaba unha ollada as decoradas e floridas follas aderezadas cunhas apetitosas imaxes de misteriosos ingredientes perfectamente combinados. Nese preciso instante, púxenme a reflexionar na importancia da comida e do acto de comer.

Dificilmente outro comportamento atrae tan rápidamente a atención dun foráneo coma o acto de comer.

Que precisamos comer para vivir é un feito innegable. Debemos comer tódolos días durante toda a nosa vida, e o comportamento relativo á comida revela repetidamente a cultura na que cada un está inserido. Así cada país, cada cidade, cada rúa, cada casa está marcada, ademáis de por un ulido peculiar, unha peculiar forma de comer.

Aínda que os hábitos alimentarios poden mudar enteiramente cando medramos (que sería dun piso de estudantes sen a tan recorrente pasta con tomate…), a memoria daquel caldiño quente, daquel almorzo pre-escola que nos agardaba no comedor dorme para sempre na nosa conciencia.

Eses actos, que poderían parecer moi básicos,  tele transpórtannos ó pasado a través dun ulido, dun sabor, dunha particular textura. Coma no caso de Proust que revivía a súa infancia a través dunha magdalena remollada en té.

Non son moitos os escritores españois que se atreveron cos fogóns,  Para Cunqueiro, a cociña era a máis singular das artes civilizadoras e a expresión palpable dunha cultura e dun século.

Non podo estar máís de acordo, a cociña érguese coma un símbolo da identidade nacional. Unha saborosa marca de identidade condimentada e con fundamento.

Alá polos anos 60, Cunqueiro amosaba a súa preocupación pola perda dese digno arte que envolve “o comer” a causa da industrialización. E iso que Mc Donald’s aínda non chegara a Mondoñedo (aínda que isto xa é outra historia).

Ahhh a comida…! como esquecer as comestibles páxinas coas que nos deleita Laura Esquivel na novela “Como agua para chocolate” onde Tita expresa a súa paixón polo amado a través da cociña… e que cociña!, case se poderían degustar os frijoles, a dozura do chocolatiño, e o ulido das quesadillas con queixo.

Pois sí, si que está boa a literatura culinaria…

 

Comentario a De bo dente

  1. Ola Elba!

    Aquí podes atopar algunhas receitas de cociña 😉

    http://www.euoquequeroexamon.com

    Un sáudo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + = 4